Non se fai có que sobra poesía
nin rescata un instante.
Non é un tempo de lecer
que nos leva ó paraiso.
Non se entra impunemente nos pregues do corazón.
Non se fala da vida sen furor e misterio;
nin do amor , nin dos soños
sen desaugar o tempo.
Non hai máscara que lexitime un poema.
Non se acende unha estrela comerciando coa noite,
nin nacen flores en xardins de papel.
Nunca serás confidente da dor
bailando en rosais que non leven espiñas.
No se deben encher silenzos empodrecendo o canto.
Non se é " home de choiva "sen atravesar desertos,
nin " neno do bo tempo "sen xeo fundido nos ósos.
O poema ouvea espido en terras de vixilia,
asexa a beleza que se agocha nas tebras.
O poema é un guieiro que non negocia espazos,
unha escada,
un facho,
unha ventá ardendo
entre a luz e a sombra das palabras.

Ana López
Paréceme un poema tan profundo e fermoso que precisa de varias lecturas, restregalo contra o ceo do padal repetidas veces para sacarlle todo o zume.
ResponderEliminarGrazas Gema, xa sabes que o teu criterio é moi valioso para min.
ResponderEliminarUnha agradecida aperta.
! Feliz día !
A miña opinión coincide coa de Gema. Páreceme un poema MARABILLOSO, tanto na forma como no fondo.
ResponderEliminarParabéns POETA!!!!!!
Grazas mestras . ! Que ben que vos gustara!
ResponderEliminarGrazas de novo.