AUGA
Nacín co vento amarelo no outono,
onde nace o río do Xistral,
berce líquido ,
xoguete de auga
co que fixen
castelos trasparentes.
Medramos xuntos,
baixamos abrazados
ata o mar das buguinas.
Subimos en altas ondas ata o bico das rochas,
latindo nas
escumas .
O río, o mar, a
auga,
Sempre na vida:
Primeiros bicos
salgados,
amencer de
promesas,
veleiros navegando
polas veas.
Danza licuada no
arco iris,
sal, río, mar do
que se renace,
despois …..
nalgún outono
dourado,
Que renazas cada día coa auga , miña amiga, e que cada amencer che siga traendo novas promesas...
ResponderEliminar!Ola muller de auga e sol !Precioso renacemento.
ResponderEliminarSi, Ana, síntome unha muller de AUGA.
ResponderEliminar