miércoles, 6 de junio de 2012

¡Corazón,
vagabundo de soños!
non deixes depenar as ilusións,
abre a túa plumaxe de farrapos.
Bica a luz de cada amencer,
regresa cada dia ó niño da inocencia.
Acouga,
deixa que o canto se deslice docemente,
desata os nos que o atenazan.
Solta lastre,
roza as silvas que gardan as feridas,
limpa de cascallos o pasado.
Atempera a dor,
camiña paseniño,
non te deixes levar pola impaciencia.
Que o teu voo te leve ata os prados do gozo,
non batas coa árbore esmoucada,
nin có penedo da auga.
No claro do bosque late sempre unha folla verde,
un novo froito
e unha esperanza.

Ana López

Foto: F. Barbeyto.

1 comentario:

  1. Ogallá saibamos atopar ese "claro do bosque" onde "late sempre unha folla verde"
    Fermoso e esperanzador poema Ana.

    ResponderEliminar