domingo, 15 de junio de 2014

Agarimo orfo

Y aunque tu no has de verlas,
Para hablar con tu ausencia

Estas líneas escribo,
Únicamente para estar contigo.

             Luis Cernuda.



Para Antonio, sempre na memoria.


Sempre haberá un tempo que leve o teu nome,

o sosegado compás do teu andar pousado
a cálida mirada atemperando as sombras
a aperta dun outono que chegaba

cando a vida estreaba sorrisos
e os versos debullaban as palabras.

Sempre quedará o teu pan
na extremada mesa da ausencia,
na cunca un tépedo café
coa cullerada xusta da luz dunha mañá.

Gardará a memoria un agarimo orfo
da derradeira aperta que nos quedou por dar,

e un contraluz de nubes violetas
daquela tarde na que a lúa madrugara.


         Ana López.


1 comentario:

  1. Sempre habera un tempo que leva o nome dos que xa non estan e un berro silenciado no peito que reclama a sua presencia.

    ResponderEliminar