sábado, 7 de junio de 2014

Limiar ( para Gema, alma do Patio)

A cuberta do tempo
grava o primeiro verso,

despois os días
comezarán novas estrofas.

Caerán borróns nas liñas
das follas do caderno,

zoarán outros ventos
envellecerán as cousas...


  Ana López.

2 comentarios:

  1. QUE SORPRESA, ANA. GRAZAS. CONTIGO CALQUERA PODE SER IMPORTANTE ¡¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  2. Sodes as dúas importantes. A vosa presenza enche o Patio de versos que agroman sobre a preguiza que a outros nos posue. Grazas por darlle unha nova claridade aos días.

    ResponderEliminar