PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
lunes, 16 de junio de 2014
ANTONIO, AMIGO
Foise Antonio
deitarse co sol no colo do horizonte.
silandeiro coma sempre,
como vén a primavera.
Paseniño, coma sempre,
como se van as anduriñas
rozando o azul coas ás.
E agora o seu ser volvera florecer coas herbas e sera lucerna nas primaveras...
ResponderEliminar