PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
sábado, 1 de febrero de 2014
HAI DÍAS BRAVOS COMA CABALOS GALOPANDO
Brúa bronco hoxe o mar
dende a profunda gorxa dun dragón asañado,
de ventre renegrido e lombo ondeante.
Estende longas linguas brancas
de feiticeiras escumas gorentosas
de incautos humanos que engaiola
finxindo cantares de sereas.
As sereas sempre foron perigosas...
gema, 01-02-14
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
! As sereas e as ondas miña amiga!
ResponderEliminarNon te acerques moito, está encabuxado.
O mar e fermoso, a sua inmensidade atrae e a sua furia destrue e mata.
ResponderEliminar