CADERNO DE GARDERÍA
Aquí reina a inocencia
que perdura nos albúms,
a parvularia ensoñación:
decoro aínda mundo.
Aquí goberna a infancia
ás seis da tarde,
branquea a luz,
estende panos puros,
albas dun reino certo,
abre o país do soño.
Un cervo de oito patas.
Unha vaca que ofrece diluvios de leite.
Un gato verde que se chama Bruno.
Embarcacións que voan por un ceo-desvarío
que soñara Chagall: "ese colega".
Catro lapis de ouro
rañando no papel
trazan a marabilla.
Manuel Álvarez Torneiro ( Os ángulos da brasa)
A infancia, o lugar ao que case todos quixeramos regresar algunha vez... E este poema do meu admirado Manuel Torneiro fai que a imaxinacion camiñe cara atras e abra "o pais dos soños"
ResponderEliminar