miércoles, 22 de enero de 2014

O café

Entre a néboa e o frío
esténdese sobre a cidade
a mañá.

Polas ribeiras do sono
homes e mulleres camiñan
un adormiñado silencio.

van na procura
dun horizonte ingrávido
no acolledor espazo dun café.

Na mesa len o xornal...

Ondeando na soedade
ou na ocasiónal compaña
dunha cálida conversa,
danlle a man a encrucillada
dun día por comezar.

                 Ana López.

2 comentarios:

  1. Tomando café, cóntoche que non podo entrar a escribir no blog, non sei por que¡¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  2. ESTÁS DE BROMA???
    Pero se tí es a ALMA FUNDADORA do blog!!!
    Se é unha broma acláramo, xa sabes que son unha crédula sen remedio.

    ResponderEliminar