jueves, 23 de enero de 2014

A HISTORIA DO LADRÓN


Un ladrón quería asaltar á xente pola noite e roubala. Ninguén podería recoñecelo e a xente teríalle medo. Para iso disfrazouse:
Púxo unha media pola cabeza e encofrou un chapeu negro ata a fronte. Despois atou un pano diante da boca e púxo unhas lentes escuras.
Colleu a porra e foi mirarse ao espello.

-¡Socorro!- berrou, e dun salto meteuse no armario e pechou a porta desde dentro. Suaba do susto. Logo dun intre acabóuselle o aire. Con moitísimo coidado empuxou a porta do armario. Pero enseguida  avolveu pechar. Xusto na parede de en fronte estaba o espello.

Ata a mañá seguinte estivo o home aniñado no armario, tanto medo tiña de si mesmo.

Ator descoñecido.

1 comentario:

  1. Para todos hai na vida un momento delicado que nos fai enfrentarnos a nós mesmos.

    ResponderEliminar