Os raios non teñen a fogaxe do mediodía,  pousánse no mar suavemente, coma se tivesen medo a ferilo. As ondas bican a area con pasos de vals. As cores do ceo confúndense coa auga, desvaidos azuis con regañas de nubes que levan os soños a paisaxes sutiles.
A vida non é un fogonazo,  non se axita, é un alento sosegado. Palpita un desexo tenro, coñecido, gozado que invade os sentidos. Disfruta de cada instante a través da pel, como unha luz tenue que brilla suave, íntima, plena. O pracer está en cada pregue, en cada ánsia, en cada lembranza compartida; intenso e tenro; sen présa, sen máscara.
Chega o tempo de recoller-se.
Chega o tempo de ver o " verdadeiro rostro da vida "


Foto : F. Barbeyto Ana López.