PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
sábado, 18 de agosto de 2012
CONTEMOS ¡¡¡¡¡¡¡¡
Di Gema:
NON PODEN COBRAR
¡¡¡¡¡ Por espertar co canto dun grilo ...
Engade Conchi:
NON PODEN COBRAR
Por contemplar unha posta de sol
Por mergullarse nas augas do mar
Por camiñar descalza por riba da herba
Polo recendo da terra despois da choiva
Pola brisa que che acariña a pel
Polo abrazo dun amigo
Por unha mirada de amor
Por tecer soños
Por admirar as estrelas
Por imaxinar, so imaxinar, que vives en liberdade...
Engade Gema:
NON PODEN COBRAR
Por o goce cristalino de escoitar o marmurio dunha fonte
Por pousar os beizos sedentos na pel da auga
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Pues sííí... Eso no tiene precio, ni iva, ni recargos...
ResponderEliminarHermoso raconto que nos eleva el espíritu en momentos difíciles.
Besos y gracias.
Grazas amiga por chegar dende o outro lado do mar ao noso patio. Estamos ledas coa tua visita e dende este recuncho voa para ti a mais grande das apertas.
ResponderEliminarSe as estrelas soñasen, soñarian nunha cálida noite de verán deitadas na herba mollada pola choiva, nunha posta de sol no mar na compaña dos amigos mentras escoitaba o marmurio da fonte da liberdade.
ResponderEliminar¿Serán gratis os soños das estrelas?