domingo, 26 de agosto de 2012

ANDURIÑAS

O aire escoitou as palabras do mar
e as ondas abriron o tempo dos soños.
As nubes debuxaron o voo das anduriñas
que atravesaron océanos ao lombo do vento.
Outearon horizontes,escalaron montañas,
habitaron cidades, descubriron as flores
e cantábanlle á lúa a ilusión ensoñada.
Guirnaldas de estrelas 
levaban o marmurio do vento
ata primaveras de esperanza.
Voaron de norte a sur,
de este a oeste.
Sucaron mares, atravesaron bosques,
beberon auga de fontes misteriosas,
esquivaron rochas de costas escarpadas
e chegaron ás máxicas praias do abrente.
Encontraron a ruta.
O tempo detúvose nas ás
e foron os dias un fondo comenzo.
Fixeron o niño con xuncos de luz,
espertaron ó soño
que fixo un o espazo,
e un fermoso e único voo.


Foto: F. Barbeyto López

3 comentarios:

  1. Fermosisimo poema Ana. A esperanza abre camiños entre os teus versos e o amor fai niño entre as tuas palabras.

    ResponderEliminar
  2. Estiven varios días sen comentar este poema porque comezando pola imaxe sentín que contiña algo tan profundo e íntimo que non ousei tocar.
    Nese revó de anduriñas subindo as costas do tempo atopeime indiscretamente intrusa pero tamén concernida polas túas palabras.

    ResponderEliminar

  3. Entendo o teu pudor Gemiña, pero todo poema é "profundo e íntimo", como a vida, non teñas medo a tocalo.
    Este humilde poema é unha homenaxe ó voo dunhas anduriñas moi queridas e especiais na procura da felicidade.

    ResponderEliminar