Hai un silenzo de almofada mol e doce
na cabeceira do dia.
Outros silenzos
agardan nun fondo verde - gris
o temperán canto dos paxaros.
No devalar, o mar, camiña na punta dos pés
para non espertar a meniña
que soña con ramos azuis de lavanda,
con limóns e fresas,
unha lúa grande
e pompas de xabón.
O pai amoroso mécelle o soño
nun berce de estrelas.
Ana López
na cabeceira do dia.
Outros silenzos
agardan nun fondo verde - gris
o temperán canto dos paxaros.
No devalar, o mar, camiña na punta dos pés
para non espertar a meniña
que soña con ramos azuis de lavanda,
con limóns e fresas,
unha lúa grande
e pompas de xabón.
O pai amoroso mécelle o soño
nun berce de estrelas.
Ana López
Benvida, Ana, con esta poesía tan fermosa á que non lle fan falla comentarios.
ResponderEliminarBenvida Aniña!!! Que ledicia volver atoparte no Patio!!! A ti e a Xana nese poema tan tenro que recende a brisa e a sorrisos.
ResponderEliminarMoitas grazas ás dúas. Gracias pola imaxe Gema quédalle moi, moi ben.
ResponderEliminar