Onte tivemos o pracer de acompañar á nosa amiga Conchi ao Gaiás, Santiago, onde lle entregaron un premio gañado no concurso de relatos curtos convocado por LV.
Aquí a vemos acompañada dos outros dous gañadores e as autoridades respectivas pousando cos respectivos trofeos que logo regamos cun viño, apertas e risas.
Por certo, hai que resaltar o seu curto e ben artellado discurso no que resaltou a importancia de que se apoie a escrita en Lingua Galega para reafirmar a súa normalización.
Para min tamén é de resaltar que é a única muller do grupo.
gema, 17-03-12
Grazas amiga polo teu comentario, polas flores da entrada anterior, polos teus risos e apertas. Onte a pesar das miñas gafadas (e non me refiro so ao das gafas...) foi un bo día , a amizade supera moitas outras cousas e onte sentinme moi arroupada.
ResponderEliminar