Chegou onte de madrugada,
senlleira, ocupando todo o espazo do canso inverno. De contado se
puxo a facer labores que o seu predecesor descoidou este ano, non
regou abondo e a terra láiase por deshidratación. Terá que
redobrar esforzos para que as flores non quede unha por saír.
No aire percívese un impúdico
aleteo que esperta os sentidos
na espera das promesas por
cumprir.
gema, 21-03-12
No hay comentarios:
Publicar un comentario