Nun calendario de meu, aparece hoxe como O DÍA MUNDIAL DA MONTAÑA.
No meu vocabulario mini pensei que
as montañas
son os peitos da Terra
que se erguen
para ser acariñados
polas mans do Ceo.
gema,11-12- 11
PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
"Ali séntese ben / o pouco que é un home"
ResponderEliminar(Uxio Novoneyra)
A Natureza ,sempre sabia ,indícanos as cousas importantes.
Dende logo Ana, admiro a túa memoria e a gran lectora que es.
ResponderEliminar!Ai Deus ,a memoria !Que máis quixera. Só hai palabras que forman parte do A,D.N!
ResponderEliminarAs palabras forman parte do ADN porque as sentimos propias aínda que non o sexan , pero temos que incorporalas ao "noso mundo propio" memorizándoas , así que non te restes méritos Aniña.
ResponderEliminarEn canto ao poema , esta temporada estás "sembrada" Xema
Parabéns para ámbalas dúas.