sábado, 28 de diciembre de 2013

Alentos para Aninovo

Rubindo e baixando costas
nun soño d`idas e voltas.

              Uxío Novoneyra.

Seguiremos rubindo e baixando costas, os soños semellarán fuxir nalgunha curva... Máis aínda seguen aí.
Que ninguén se baixe da estación da Esperanza.
Bo Aninovo.

Ana López.

Illas

Ando a barallar
promesas e perdóns
na inseguridade dun océano
sen illas de certeza

atrapada en corpo e alma
na propia identidade.

              Ana López.

viernes, 27 de diciembre de 2013

En Muxía ocurríu unha desgraza; queimouse o santuario da Virxen.O mar tinguíuse outra vez de negro... Preto, os anxos abalaron a barca.

MUXÍA

Fondeou un lostrego
na igresia dos milagres

o lume consumíu
as velas dos alentos
que quedaran do Prestige.

O anxos
abalan a barca
nun mar desolado.

         Ana López.

lunes, 23 de diciembre de 2013

Chove pra que eu soñe...Fermosisímo verso de Uxío Novoneyra.

                                         Foto: Fernando Barbeyto.

Cómpre polo Nadal / un soño no colo levar...

O corazón non se resigna a deixar de soñar e espera hoxe máis que nunca un milagre.
Baixo o chuvasqueiro todos agochamos un soño.
Unha aperta.Grazas por estar aí.
FELICES FESTAS.

                 Ana López

sábado, 21 de diciembre de 2013

Aínda queda camiño, aínda sortearemos máis curvas perigosas, e seguiremos apeándonos en estacións trabucadas. Malia todo paga a pena a viaxe.

O tren virou
na curva perigosa
da dúbida.

Vagou
polas vías trabucadas
da inconsciencia.

Ata deterse
na estación subterránea
da incerteza.


             Ana López.

viernes, 20 de diciembre de 2013

A MÚSICA

La música es una casa de cristal en la ladera
donde vuelan las piedras, ruedan las piedras.

Y las piedras atraviesan la casa rodando
pero todos los cristales quedan intactos.

                  Tomás Transtömer.(Bálticos y otros poemas)


" Os primeiros acordes...Pecho os ollos e pérdome naquel bosque de arpexos, a harmonía dos instrumentos invádeme. Voo entre as notas dos violíns, persigo os rechouchios da frauta, acóchome detrás das cordas das arpas...Agora o piano, primeiro son lenes gotas de choiva que caen sobre as follas de árbores inexistentes, auga que flúe lentamente e salpica as miñas pálpebras, despois imparable caudal sobre o que navego nun barco de papel...

          Concha Parga (Viaxe en círculo)


Da "casa de cristal en la ladera" de Transtömer, a "navegar nun barco de papel" de Concha ; dúas fermosas metáforas para falar do mesmo: a beleza delicadisima da música, nestes tempos máis necesaria que nunca.
!Que a música vos envolva!

       Ana López.

jueves, 19 de diciembre de 2013

O GATO

                                          Foto: Fernando Barbeyto.


Cortaron a luz, non vexo nada.

Ando a apalpar o frío e a fame.


         Ana López.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

O mellor agasallo de Nadal para a nosa amiga Gema

Unha luz nova que trocará as cores do mundo...

BO NADAL

O Nadal anda a medir como nos atopamos de amor, saúde e cartos. A eso deron en chamarlle: ILUSIÓN.
Eu diría que van en proporción directa: canto máis amor e saúde teñas máis aumenta o espiritu navideño. Os cartos non van nada mal dende logo, polo menos o necesario para vivir con dignidade. É certo que "no solo de pan..."  pero pan e teito sí ten que haber porque senón ¿onde colocamos o neno Xesús?
Xa sabedes que dín que os ricos tamén choran e que os cartos non os salvan da gadaña !só faltaba! No camposanto todos iguais. Aí si que estivo acertado o creador.
Pero o que é definitivo para encher as casas de ledicia é poder contar con algún neno/a. Por eles aínda que andes algo en precario botas man das resevas de ilusión que todos levamos no corazón. Nós temos o previlexio de contar coa nosa fadiña particular que nos abastece a todos.
Hoxe son malos tempos non solo para a lírica. Para algúns será imposible por máis que os televexos turren e turren con eses anuncios de familias marabillosas ó redor dunha mesa ben surtida, luces de cores, arboriños con fitas douradas, e que sei eu...Para empezar non teñen onde poñelos, nin sequera na rúa que van camiño de "externalizala" tamén
Bueno, nesto non se pode cabilar porque non é bo para a ilusión; dache por pensar e maldecer e esto non está no catálogo.

               Ana López.

Vaise outro outono, pero chegarán máis de seguro cós seus vermellos e dourados...Agora imos abrigarnos nun Nadal que xa está a petar á porta.

                                        Foto: Fernando Barbeyto.

martes, 17 de diciembre de 2013

DESPEDIDA DO OUTONO

Amoréanse nun recuncho da varanda
as últimas follas do outono.

Algunhas deambulan extraviadas
polas táboas molladas do paseo.

Gardan adeuses
no pechado instante dun abrazo.

O río reflicte a luz dun sol improvisado.



         Ana López

lunes, 16 de diciembre de 2013

Atopar a saída

Cando saín á superficie o aire seguía a estar mesto, o mesmo que estaba cando caera ao fondo. Todo semellaba igual, máis eu era outro. A estadía na escuridade do pozo fixérame máis forte. Agora aprendera a respirar, atopaba osixéno debaixo das rochas cando era preciso. Podía nadar en calquer auga por avolta que discorrese sen rematar as forzas nin enredarme nos argazos.
Lonxe soaba algunha campá do Nadal.

            Ana López.

domingo, 15 de diciembre de 2013

BO DOMINGO

QUE PAR DE CATARATAS .......




O pouso do tempo
foi toldando as meniñas.
A auga volveuse turbia e o ceo gris
.Agora mans firmes
están listas para
darlle marcha atrás ao reloxio
e recuperar a luz nova.
As gaivotas voando coma anxos de prata
e ata as enrugas perdidas do rostro.


gema, 15-1213







jueves, 12 de diciembre de 2013

Aí vai outra de gatos ...

MIAÑAR

Pisa a cola da noite o miañar dun gato. O día agarda asustado acubillado na páxina. Chove sobre unha realidade de teatro. Os personaxes son sombras chinesas que se moven detrás dun pano remendado nun escenario inestable cheo de migallas que recollen engruñados. Ese é o comezo, o nó e o desenlace. O director agóchase no anonimato. Fan falta ollos sen lentes trucadas e asinar unha póliza coa dignidade para poder ver a obra sentido os bocados dos voitres nas entrañas.

    Ana López.

Nova imaxe da "socia fundadora" do Patio


A imaxe está en branco e negro, pero ti, querida amiga, quizais agora a vexas en cor... De todos os xeitos estás guapísima...