PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
sábado, 24 de noviembre de 2012
TREGUA
!Non van a acabar con nós!
Séguenos latendo a mesma fé e a mesma entereza
no caixón de xastre que levamos no peito.
Seguimos cada día enxendrando ilusións
nunha realidade de banzos invisibles
que baixamos enganando o tempo,
coidando non romper un nocello, retorcer un brazo,
ou que nos tiren ó chan.
Camiñamos por un hoxe destruído, cara a un mañá incerto,
demorando a chegada en formas imprecisas
que lindan coas promesas.
!Non acabarán con nós!
Inda lembramos cando os días eran amables,
o mar erguía metáforas no solpor,
os reloxios non encontraban as horas,
e os soños non asinaran unha tregua.
Ana López.

jueves, 22 de noviembre de 2012
SORRIR
Francesco Tonucci, coñecido como Frato escribiu un fermoso libro que se titulaba"Niño se nace", as historias contaban con uns dibuxos xeniais. Os debuxos non podo peñérvolo , o que acompañaba esta historia é un neniño totalmente perplexo e dí así:
Imaxinade o neno e no globo característico dos comic o seguinte:
"-A los seis años, cuando empecé a ir a la escuela en Pedreira, no entendía nada porque en casa se hablaba gallego.a los ocho, en Frankfur,no sabia alemán. Ahora en Pedreira, no entiendo nada porque sólo hablo alemán"
Francesco Tonicci( Emigración-1983)

ESPERANZA
miércoles, 21 de noviembre de 2012
Sabeduría popular
Ás veces, por un casual, un escoita preguntas axenas e lembra unha expresión perdida na nenez dunha riqueza !incrible!:
"hai que ilas levando"
Non se trata diso a vida?Aceptar con naturalidade as circunstancias que atopas no camiño.
"hai que ilas levando"
Non se trata diso a vida?Aceptar con naturalidade as circunstancias que atopas no camiño.
SEN PARAÍSO
A noite
é un estrondo de bombas e de berros.
Derrubaron as casas
enchendo de bagoas solares baleiros.
Amontoaron ausencias.
Os visitantes ferraron os afectos,
desabotoaron a realidade.
A carraxe arrastra corpos torturados polas rúas.
O medo anica os corazóns,
camisas de forza paralizan o amor.
A compaixón viaxa nun vagón abandoado
nunha estación pantasma:
Unha larva agochada na traxedía.

martes, 20 de noviembre de 2012
Que se acocha tralos "días de..."?
...Ás veces intereses comerciais, outras algunha clase de marxinación
Entre as pedras do deserto
florecen sorrisos
que a miseria non é quen de afogar.
Entre a inmensidade da nada
e ante un futuro sen pan
os ollos da infancia
son pozos cheos de luz
porque aínda non saben
que as areas, baixo os seus pés,
asasinaron a esperanza…
| "Os taxistas” do deserto.
Nenos con mans expertas e a pel queimada polo sol da inxustiza.
|
LUÍSA VILLALTA(poeta e violinista)
"A súa esencia persoal e creativa era unha fusión, unha dobre pertenza á música e á poesía"
Miguel Anxo Fernán -Vello.
En marzo do 2004 Luísa Villalta colleu un tren con destino descoñecido e deixóunos as súas palabras sostidas nun "pizzicato" que belisca as cordas dos nosos corazóns.
Grazas sempre, que cheguen as nosas palabras onde sone agora o teu violín.
Ana López.
A ESTACIÓN
Onda nós nunca pasan os trens
só chegan ou parten.
por eso tamén somos nós
a nosa última estación.
Así podemos marchar
no único sentido posibel
ou esperar o avalo dos viaxeiros
para sentirnos expandidos nas miradas extranas
que chegan arrastrando as bambalinas do mundo.
Onda nós non hai nunca outro destino
que ser un anónimo fin
ou un glorioso comezo.
Máis alá
máis alá somente o mar
e a incertidume da luz
o extremo
o abismo
o espello detido de nós.
Luísa Villalta.(1957-2004)

domingo, 18 de noviembre de 2012
QUE NON VAI SER TODO NADAL...
Eviado en correo por Conchi, picantona...Dos viejecitos conversando:
- ¿Prefieres el sexo o la Navidad?
- ¡Sexo, claro! Navidad hay todos los años .
TERRA SANTA
Que paradoxo ¡¡¡¡¡
O calvario segue alí,
as pedras derraman sangue
baixo a rutina do medo ....
sábado, 17 de noviembre de 2012
REISEÑORES
Os reiseñores non viven no bosque,
non buscan gallas para facer niños,
nin elevan o canto sobre cumes azuis,
nin buscan abrigo na ramaxe.
Habitan nos suburbios, en casas de ladrillo,
erguen a súa melodía monocorde na friaxe do asfalto,
levan o soño do amor no corazón,
e anuncian, como sempre, a primavera.
O seu canto é un mencer preñado de luz
nas fráxiles follas do futuro.
Creron as cancións de vellos reiseñores
escritas en partituras de promesas,
hoxe cinza atrapadas na espesura dun mal soño.
Deixádeos cantar;
escoitade esa estrofa entumecida de medo
por onde brota a fonte da esperanza.
Deixádeos voar;
presos, afogan o seu canto para sempre,
voarán coas ás caídas, escondidos no silenzo.
Trabucáronse;
saíron có sol da invernía pensando que era primavera,
e caeron abatidos na rúa das estrelas.
Os que por alí pasaban recolleron, nun xesto solidario,
o canto.

martes, 13 de noviembre de 2012
OUTRO PRESTIGE
Os listos dixeron que non pasaba nada
cando as redes se fundían no chapapote
e os peixes morrían.
Non dicían a verdade,
agora tampouco.
Ana López.
Foto:Fernando Barbeyto.
cando as redes se fundían no chapapote
e os peixes morrían.
Non dicían a verdade,
agora tampouco.
Ana López.
Foto:Fernando Barbeyto.
lunes, 12 de noviembre de 2012
DIÓGENA
Non sei o tempo que levaba andando, nin cantos camiños percorridos.Á luz do día, na almofada da noite,pola sombra da lúa...
Anda que te anda,mira que te mira polo ollo do día.
Fixen pasadizos nas lapelas do tempo buscando respostas que eu mesma tiña.
!Fai falla ser parva!
Bateu en min como unha bala perdida.
A tolemia non pode ser entendida,
!non leva prospecto de información!

ANIMACIÓN Á LECTURA
................. SEMPRE VOLVEN.
Adiviña o que é:
precursora de internet,
no bico leva un olivo
e unha mensaxe no pé.
Adiviña o que é:
precursora de internet,
no bico leva un olivo
e unha mensaxe no pé.
O CORAZÓN DA ÁRBORE
"Poder caminar sin engañar al pájaro, del corazón al árbol..."
René Char.
Ter a terra por destino;
camiñar sen rendirse por un mundo imposible.
Remendar as saias do futuro cunha luz sen límites,
ver nacer as estrelas nas fontes da noite,
esquivar lóstregos de horizontes de ferro.
Falar na linguaxe dos paxaros
ao corazón da árbore.
Ana López.
domingo, 11 de noviembre de 2012
GROSOS E GRATIS BICOS PARA TODOS
Que mellor para unha mañá de domingo ¡¡¡¡¡¡ Bicos gordos e redondos ... É unha propaganda de
A Opinión pero eu opino que usalos de valde. Agasallo para todos os que entren.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
ni%C3%B1as+del+desierto+recortada.jpg)