Amadora, a avoa, selou a boca para sempre con aquel rotundo cabrón !!!!
Foi coma un disparo contido tantos anos de soedade, traballos, nostalxias e dúbidas.Despois sentou na silla que so deixaba por necesidades vitales e non volveu a pronunciar palabra.
O médico dixo que era que non quería falar porque as facultades tíñaas.
Naqueles tempos de tanta fame os homes íanse facer as Américas e o avó Manuel tamén marchou a Cuba co aquel de mandar para manter os catro nenos e aforrar para ter casa de seu.
Amadora foi unha daquelas viuvas de vivos.Traballou por dous, fixo de nai e pai sempre cun sorrisopara todos e un amor devoto polo seu home e os fillos.
Viñan as remesas de cartos e notábase máis alegría, viñan e ían as cartas contando o que pasaba.
Manuel, mal que ben sabía ler e escribir pero Amadora non, entón, tivo que depender da sobriña do cura ata que chegaron os fillos. Iso condicionábaa a hora de falar de cousas íntimas. Quixera preguntaelle ao home se miraba para algunha muller...., contarlle canto o botaba de menos.... Cousas de pel adentro.
Co paso do tempo as cartas fóronse distanciando a modiño coma continentes á deriva.
Os fillos xa marcharan da casa entón tamén ela tardaba máis en contestar. Ata que chegou o tempo da sequía absoluta.
Amadora ( que nome tan premonitorio) preguntaba a todos os que viñan de aló se sabían algo de Manuel. Ninguén o vira.
Algo non andaba ben: ou Manuel morrera ou......
As noites fóronse facendo máis longas e máis espesas e máis escuras e os pesadelos máis insoportables ata preferir pasar sen durmir.
Un día xa non aguantou máis e foi chamar por teléfono a Luis, o fillo maior. Díxolle que viñera á casa de urxencia e el así o fixo pensando que algo grave lle ocurría á nai.
Amadora estaba cos cartuchos cargados, non estaba disposta a pasar máis días e noites así.
-Luisiño, lle dixo, vaslle escribir unha carta a teu pai, isto é un ultimoatún, ou se ven dunha vez ou o damos por morto.
Como resultado logo enviou unha carta Manuel confesando que el alí formara unha nova familia, que tiña cinco fillos que non podía......
Foi daquela cando estoupou a derradeira palabra: cabrón !!!!!!!!!!!!!!!!!!! coma un trono.
O retrato da avoa Amadora preside o comedor da casa como homenaxe a unha das tantas viuvas de vivos. Debaixo alguén lle escribiu a boca é para calar.
Gema,11-01-12

Luis Seoane




