A POTA DA AVOA LISA
Os tempos foron virando hostiles. Crise
económica, política, fraude, maiores desafiuciados, xoves
sen futuro, frustración, desesperanza,
insomnio......
Cavilaba Bieito, deitado, mirando as
manchas do teito. Xa non soñaba, cavilaba.
Facía case un mes que rematara o
último contrato de dúas semanas.
Recorría teimudo unha e outra vez as
diferentes posibilidades de buscar solucións para as súas mans
baleiras e inútiles.
Cos pais disimulaba a angustia súa
para non agrandar a deles que tamén a mastigaban facendo coma que
non.
Unha das tantas noites en branco,
deulle por subir ao faiado coma cando era cativo e o castigaban, alí
sempre atopaba acougo se non era cunha cousa era con outra. A verdade
que aquilo era a cova de Alí Babá. Gardaba tesouros ocultos,
lembranzas esquecidas, trastos trasnoitados e inservibles pero
cargados de melancolía. Libros de todo tipo, desde os que usaran
seus pais nos estudos aos del, pasando polos que estaban metidos en
baúles traídos da Habana polo bisavó e os tíos avós que foran
aló en tempos de sequía coma os de agora.
Pasóuselle a noite sen se decatar , a
remexer en todo, e coas primeiras luces da alba, tiña a carón del
unha pila de enseres rescatados. Non sabía para que lle valería
todo aquel refugallo.
De primeiro escolleu un libro de tapas duras
moi desgastadas polo uso de non sabía que mans, pero que gardaba
pegadas de memorias antergas e como calor de vidas pasadas. El
percibíao.
Pechouse co botín no seu cuarto e tal
como presentira non era un libro calqera aquel.
Falaba de modos de vivir pasados de
moda, estados de ánimo que agora todos persiguen pero ninguén
disfruta, da harmonía coa natureza o disfrute coa choiva ........
Estaba entregado ao descubrimento dunha evidencia que a xente
esquecera.
A el nas escolas e facultadas e nos
ámbitos que o rodeaban, do que lle falaran fora do xeito de trunfar
axiña, axiña, axiña ...... do éxito, dos cartos, de praceres
rápido, aquieagoraxa, decalquerameneira, acalqueraprecio, coma
todo. Alcolpolvoporro. Bayts, chips, conectividades..........
A seus pais díxolles que estaba
facendo un curso online moi interesante, dado ao tempo que botaba
pechado no cuarto, algunha esplicación debía darlles.
Lembrou a súa avoa e os días que o
levaba con ela, comían mazás con queixo, andaban de vagar por
prados e outeiros que ela coñecía coma a palma da man por ter feito
o mesmo con súa nai. Ensináballe o nome das plantas e como ulían.
Voltaban ao noitecer con sacos de herbas e flores que a avoa escollía
coma se foran alfaias porque de alí sacaba ela co seu saber,
remedios para case todo.
Como andaba metido nun choio, seica,
alugou un apartamento pequerrecho . Alí só sen case comer nin
durmir, matinou, ensaio, experimentou , fracasou, repetiu, repetiu,
estudou, ensaiou......
Pero non tardou moito en abrirse un
localiño novo na esquina da praza que deran en chamar “Dos
Parados” cun letreiro que rezaba............VOLVER A SOÑAR.
Ao comezo a xente só asexaba escéptica
dende fóra e percibían aromas descoñecidos e deliciosos.
Visitábano amigos e coñecidos pero non preguntaban demasiado. No
que non coñeces non te metas.
O primeiro en entrar foi un parado
desesperado e ousado. Mercou o frasquiño de cor violeta que lle
recomendou Bieito. Encargoulle que lera con atención a lenda que
penduraba do frasco .
Así comezou a correr de boca en boca
a marabillosa experiencia de volver a durmir e soñar. SOÑAR. E
como se soñas con forza e persigues con tenacidade os soños,
seica, se poden
cumprir....... Bieito foi un alivio
para moitos veciños que lograron dar un gran xiro ás súas pequenas
vidas.
En agradecemento agora a praza chámase
PRACIÑA DOS SOÑOS.
gema, 19-04-14
prega a autora as posibles lectoras desta historia, de realismo máxico, teñan a ben correxir elas mesmas, os erros que tiver, porque a min xa me doen os ollos de repasar.
Superaste a ti mesma Gema. Un dos relatos mais fermoso e mellor construidos que che lin.
ResponderEliminarGracias, creo que o fai o cariño , que nos aumenta co tempo.
ResponderEliminar