PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
jueves, 4 de diciembre de 2014
Un agasallo de Gema
lunes, 1 de diciembre de 2014
RETORNO
Non sei por que raro pudor non expliquei antes aquí a miña desaparición. Simplemente puxen como metáfora unha imaxe.
Hoxe porque me fai ben dasafogarme , quero contar o por que:
Os meus ollos comezaron a doer dun xeito descoñecido ao querer escribir ou ler. Fun a un par de oculistas que non atopaban ninguna razón. Eu dicíalles que tiña fibromialgia e respondíanme que iso non tiña que ver.
Acabo de estar en Oviedo onde teñen un oftalmólogo especializado en enfermedades raras......
que afecten ao dolor de ollos e velaí. Aquí estou eu, con certa esperanza, non de curación, senón de remedio.
Digo isto por se algún afectad@ o le, que sepa que lle poden axudar.
Virei ao noso patio segundo vaia podendo para atoparme coas miñas amigas.
lunes, 6 de octubre de 2014
Lectura na Libraría Follas Novas
Dous momentos do coloquio que tivo lugar despois da lectura, na que tamén participou a autora Miryam Chepsy co seu libro "Mundos imaginados" de Araña Editorial.
martes, 23 de septiembre de 2014
BO OUTONO
Esparce octubre, al blando movimiento del sur, las hojas áureas y las rojas, y, en la caída clara de sus hojas, se lleva al infinito el pensamiento.
Qué noble paz en este alejamiento de todo; oh prado bello que deshojas tus flores; oh agua fría ya, que mojas con tu cristal estremecido el viento!
¡Encantamiento de oro! Cárcel pura, en que el cuerpo, hecho alma, se enternece, echado en el verdor de una colina!
En una decadencia de hermosura, la vida se desnuda, y resplandece la excelsitud de su verdad divina.
(Autor: Juan Ramon Jimenez)
viernes, 19 de septiembre de 2014
jueves, 18 de septiembre de 2014
miércoles, 17 de septiembre de 2014
REMATE DA FAENA DE ANA
Logo de unha terse feito co xornal,
aparta o café para unha esquina como restándolle importancia,
pon a prensa encol da mesa e alísaa
paseniño, como se fai coas cousas moi desexadas e no fondo, moi no
fondo sen case darse unha conta, para acrecentar o desexo dos outros
posibles pretendentes.Bébe un groliño do casefríocafé, bótase unha ollada de autoafirmación arredor e quítase a chaqueta, coma unha atleta que acaba de gañar o pódium da contracarreira.
Tira do bolso as gafas de ler, dálle a volta á presa, é como unha distinción persoal comenzar a lelo por detrás. Detense unha nas esquelas por se finou algún coñecido-a, ou ver os anos que tiña por facer comparacións das que se pode saír algo aprensiva aínda que o da morte é unha obviedade tal que ..... bueno, que máis dá.
Aos anuncios por palabras pódese botarlle un bo cacho porque aínda que non desexes mercar nada
o morbo das ofertas e demandas en cousa de sexo é excitante e ilustrativo: casada que busca joven discreto y de buena apariencia...universitaria caliente y discreta que se ofrece exclusivamente a señores casados ( dispone de TPV),estranjera de redondas caderas, pechos abundantes y técnicas
tántricas......
E unha pensa..... un cacho coa meixela apoiada na man e bebe o derradeiro grolo ......
Os pasatempos son iso, un bo pasatempo. Sudoku ( se é peado xa non o
intentas porque logo o seguinte descubre a ignorancia dunha, o
encrucillado en galego si porqe é case ofensivamente doado, as
diferenzas que sempre falta unha, sempre......
Cando se sobrepasa a hora do mediodía, que se supón que unha debía estar na casa
preparando a comida e iso, achégase un maduro e excitante navegador de pelo branco, pantalón
branco, dentadura branca, dourada pel e diche cun sorriso o moi
cabrón: Señora, ya terminó con la prensa,
verdad?
Si, si, ya me marchaba e aínda que non che apeteza, colles a
chaqueta e vaste....
martes, 16 de septiembre de 2014
viernes, 12 de septiembre de 2014
domingo, 7 de septiembre de 2014
sábado, 6 de septiembre de 2014
ESPERANZA
Os meus ollos cansaron quizabes
de ver pasar tantas horas.
Quizabes
de veren tanta desgracia xunta.
Pero acudirei, paseniño ao noso PATIO.
lunes, 1 de septiembre de 2014
sábado, 30 de agosto de 2014
jueves, 28 de agosto de 2014
miércoles, 27 de agosto de 2014
BALEIRO
-
- Fáltame algo.
- - O que mamá?
El non preguntaba. Sinxelamente creo que non me oía ou era coma quen oe chover.
Tanto tempo dicindo cousas que xa non se escoita, todo é sabido e rutineiro.....
- Pensei que dicías que che faltaba algo. Só faltaría, digo eu, vamos...... A estas alturas cando todo o tés resolto: os fillos criados, empregados, fóra da casa. Porque hoxe coa que cae non te vaias crer.
Agradecida debías estar por non nos ter que soportar a nós e aos nenos. Outras non poden dicir o mesmo.....
- Non, non, non quixen...
- Claro que non, eu xa me supuña aínda que a diferencia de xeracións , dígoche eu, que sempre é un atranco para entendérense os pais e os fillos. Vós cos anos volvédesvos máis egoistas, máis susceptibles, máis tiquis-miquis, non sei como dicircho.
- Xa ….
- Eu como son consciente disto xa, desque naceu a nena estoume preparando para non quedarme obsoleta como nai. Quero entendelos abertamente, de igual a igual.
- Xa.
- Iso de ter respeto aos pais só por selo, por seren maiores ….. Unha pamplina. O que pasa é que vos parece que o sabedes todo...
- Si.....
- Voume, ou axúdoche a recoller os pratos?
-Non, non, que va ¡¡¡¡¡¡¡¡¡
SINTO QUE ME FALTA ALGO.
gema
martes, 26 de agosto de 2014
sábado, 23 de agosto de 2014
sábado, 16 de agosto de 2014
SAN ROQUE - VIVEIRO
Noite de troula onde as haxa. Subida ao monte a pé, con todo que se queira ....
Cousa que unha nunca puido disfrutar porque: que vai facer ao monte, ao monte,xa a mesma palabra o di. Una moza, quen sabe con quen, como.......¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
viernes, 15 de agosto de 2014
ARDE A NOITE
Sobre a medianoite o ceo , reflexado no mar, compuxo una imaxe máxica. Colores. círculos, choiva de bágoas ...... iluminaron e ecoaron por toda cidade. Acenderon lembranzas, promesas, desexos, esperanzas e quen sabe ...... que en quen. Foi fermoso, sen máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

C