-
- Fáltame algo.
- - O que mamá?
El non preguntaba. Sinxelamente creo que non me oía ou era coma quen oe chover.
Tanto tempo dicindo cousas que xa non se escoita, todo é sabido e rutineiro.....
- Pensei que dicías que che faltaba algo. Só faltaría, digo eu, vamos...... A estas alturas cando todo o tés resolto: os fillos criados, empregados, fóra da casa. Porque hoxe coa que cae non te vaias crer.
Agradecida debías estar por non nos ter que soportar a nós e aos nenos. Outras non poden dicir o mesmo.....
- Non, non, non quixen...
- Claro que non, eu xa me supuña aínda que a diferencia de xeracións , dígoche eu, que sempre é un atranco para entendérense os pais e os fillos. Vós cos anos volvédesvos máis egoistas, máis susceptibles, máis tiquis-miquis, non sei como dicircho.
- Xa ….
- Eu como son consciente disto xa, desque naceu a nena estoume preparando para non quedarme obsoleta como nai. Quero entendelos abertamente, de igual a igual.
- Xa.
- Iso de ter respeto aos pais só por selo, por seren maiores ….. Unha pamplina. O que pasa é que vos parece que o sabedes todo...
- Si.....
- Voume, ou axúdoche a recoller os pratos?
-Non, non, que va ¡¡¡¡¡¡¡¡¡
SINTO QUE ME FALTA ALGO.
gema
Ai os fillos!!!
ResponderEliminarEu cando era filla tamen che era moi lista, cos anos boteime "algo" a perder...
Cousas da vida.
Querida Ana, córreme présa, diría, aclararche que BALEIRO non é un escrito biográfico. Meus pobres, nin os meus fillos son tan lerchos nin eu tan apoucada........
ResponderEliminarÉ un texto en ton irónico e desde logo realista pero se che digo que eu o creei
desde un sentimento de baleiro existencial¡¡¡¡
Pasamos máis de metade da vida desexando ter tempo para facer o que queres, e cando o tés non sabes que facer ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Efecivamente, e un texto realista. Creo que nalgun momento todos sentimos esa sensacion de baleiro existencial. Supoño que e algo que levamos agochado no fondo do noso ser e que as veces aflora a superficie e dende logo resulta do mais angustioso e desesperanzador . Coido que asomandonos ao mais profundo dese abismo atopamosas forzas para volver a rexurdir...
ResponderEliminar!! Ui . que me metin nun xardín!!
ResponderEliminarPois o meu comentario responde a ese" baleiro" do que falades e DENDE LOGO NON É NINGÚN DEMÉRITO para os fillos; nen propios nin alleos. Coido que para eles a nai é NAI antes que nada, por iso non nos é doado comprender CANDO EXERCEMOS O ROL DE FILLAS ver a PERSOA, home ou muller que nos enxendrou. Da misma maneira que os fillos son antes que nada FILLOS ainda que a nós axúdanos "aquelo "dos anos e podemos entender algunha cousiña !poucas dende logo! ..
É a miña humilde opinión.