miércoles, 17 de septiembre de 2014

REMATE DA FAENA DE ANA



Logo de unha terse feito co xornal, aparta o café para unha esquina como restándolle importancia,
pon a prensa encol da mesa e alísaa paseniño, como se fai coas cousas moi desexadas e no fondo, moi no fondo sen case darse unha conta, para acrecentar o desexo dos outros posibles pretendentes.
Bébe un groliño do casefríocafé, bótase unha ollada de autoafirmación arredor e quítase a chaqueta, coma unha atleta que acaba de gañar o pódium da  contracarreira.
Tira do bolso as gafas de ler, dálle a volta á presa, é como unha distinción persoal comenzar a lelo por detrás. Detense unha nas esquelas por se finou algún coñecido-a, ou ver os anos que tiña por facer comparacións das que se pode saír algo aprensiva aínda que o da morte é unha obviedade tal que ..... bueno, que máis dá.
Aos anuncios por palabras pódese botarlle un bo cacho porque aínda que non desexes mercar nada
o morbo das ofertas e demandas en cousa de sexo é excitante e ilustrativo: casada que busca joven discreto y de buena apariencia...universitaria caliente y discreta que se ofrece exclusivamente a señores casados ( dispone de TPV),estranjera de redondas caderas, pechos abundantes y técnicas
tántricas......
E unha pensa..... un cacho coa meixela apoiada na man e bebe o derradeiro grolo ......

Os pasatempos son iso, un bo pasatempo. Sudoku ( se é peado xa non o intentas porque logo o seguinte descubre a ignorancia dunha, o encrucillado en galego si porqe é case ofensivamente doado, as diferenzas que sempre falta unha, sempre......
Cando se sobrepasa  a hora do mediodía, que se supón que unha debía estar na casa preparando a comida e iso, achégase un maduro e excitante navegador de pelo branco, pantalón branco, dentadura branca, dourada pel e diche cun sorriso o moi cabrón: Señora, ya terminó con la prensa, verdad?

Si, si, ya me marchaba e aínda que non che apeteza, colles a chaqueta e vaste....

1 comentario:

  1. O xornal é como a pelicula de Buñuel " Un oscuro obxeto de desexo"
    Eu vivin o final como "acosada" e como "acosadora".
    Grazas por rematar o relato tan ben.

    ResponderEliminar