PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
miércoles, 9 de octubre de 2013
PASOS
nunca temos a certeza
de que a volta sexa o comezo
ou se esquivaremos a curva
onde nos perdemos
como fráxiles casandras
que non lameron as serpes
sen fitas que sinalen o camiño
nin báculo onde apoiar o tempo
sen muros e sen portas
deixamos ás costas o bafo do medo
e seguimos camiñando polo verdor das follas
esperando...
Ana López.
martes, 8 de octubre de 2013
COUSAS DE NENOS
Onte cortounos o paso a procesión da Virxe do Rosario, polo que no nos quedou máis remedio que ficar a mirala. Ao noso carón estaban unha avoa e a neta. Cando levaban pasado unha cantidade respetable de participantes: alabarderos, autoridades, cregos, damas enloitadas,militares, banda de música e público inda non había traza da imaxe...Entón a nena moi preocupada volveu a cara hacia nós e exclamou:
-Perderon a santa!!
Ana López..
-Perderon a santa!!
Ana López..
lunes, 7 de octubre de 2013
SOY
Es bonito escribir porque reúne las dos alegrías:
hablar solo y hablarle a una multitud.
( Cesare Pavese)
YO soy tal cual escribo,
con rosas de espinas sangrándome la yema de los dedos.
Cuerpo asomado a la barandilla de una noche opaca.
Soy, escalera de caracol, desbarajuste de palabras,
letras diluidas en el recóndito riachuelo de lodo y barro.
Noche pérfida que me hiere y me diseca
rozando el filo de lo absurdo y lo imposible.
Límite del cenit,
más allá del horizonte intocable.
Soy mientras escribo
laberinto de ausencias
conjunción de verbos sonoros y alocados,
noche de estrellas fugaces que me asisten,
acercándose una a una para besarme en la frente.
Yo soy tal cual escribo
deshojando una margarita camino de lo incierto.
Sasi Alami
Imaxe google
Es bonito escribir porque reúne las dos alegrías:
hablar solo y hablarle a una multitud.
( Cesare Pavese)
YO soy tal cual escribo,
con rosas de espinas sangrándome la yema de los dedos.
Cuerpo asomado a la barandilla de una noche opaca.
Soy, escalera de caracol, desbarajuste de palabras,
letras diluidas en el recóndito riachuelo de lodo y barro.
Noche pérfida que me hiere y me diseca
rozando el filo de lo absurdo y lo imposible.
Límite del cenit,
más allá del horizonte intocable.
Soy mientras escribo
laberinto de ausencias
conjunción de verbos sonoros y alocados,
noche de estrellas fugaces que me asisten,
acercándose una a una para besarme en la frente.
Yo soy tal cual escribo
deshojando una margarita camino de lo incierto.
Sasi Alami
LAMPEDUSA
lanternas
afastadas
miraban indiferentes
esterilizados corazóns
desertaron do rescate
ultramar
sinuoso e
ausente.
Ana López.
afastadas
miraban indiferentes
esterilizados corazóns
desertaron do rescate
ultramar
sinuoso e
ausente.
Ana López.
domingo, 6 de octubre de 2013
O venres foi a presentación... E hoxe o patio volve vestirse de festa para agasallar a Gema!!!
O Patio segue de festa!!!! A nosa Gema publica varios poemas no libro "Dez anos de poesías nas Pontes" do grupo Alalá, xunto a nomes tan coñecidos como: Xulio López Válcarcel, Darío Xohan Cabana, Xosé Váquez Pintor, Diana Varela e outros grandes da poesía galega. Parabéns e un feixe de apertas Gema!!!!!
Un día de corvos
o día
é un mendo doutros días
de horas mal cosidas
un día de canto
a medio espertar
un día victima da noite
seducido polo frío
dos caixóns baleiros
un día que esqueceu o abrigo
do cuarto da lúa
un día de rebaixas
no escaparate xeado da esperanza
un día coa camisa da serpe
un día máis
no inventario dos corvos.
Ana López.
é un mendo doutros días
de horas mal cosidas
un día de canto
a medio espertar
un día victima da noite
seducido polo frío
dos caixóns baleiros
un día que esqueceu o abrigo
do cuarto da lúa
un día de rebaixas
no escaparate xeado da esperanza
un día coa camisa da serpe
un día máis
no inventario dos corvos.
Ana López.
"Un ciudadano debe considerarse amortizado, descatalogado o realmente muerto cuando ya no se sorprende de nada y admite de antemano que las cosas son como son y nada se puede hacer para cambiarlas "
Parágrafo recollido do artigo de Manuel Vicent "Rebeldía" publicado na contraportada do xornal El País de hoxe.
REPÍTEME OUTRA VEZ CANTO ME QUERES
Repíteme otra vez cuánto me quieres
como quien plancha sueños enterrados,
repíteme otra vez
que estaremos unidos para siempre
excepto, por supuesto, los domingos
de fútbol en la tele
y ausencias derramadas en la cama,
cuéntame que trabajas día y noche
para que nada falte en los estantes
salvo en todo caso, algunos sentimientos
carentes de importancia,
o esa caricia en el alma herrumbrosa,
repíteme, otra vez, o no podría
soportar la hiel del desayuno,
lo bien que me quedan los cruasanes
que en el horno tuesto a fuego lento
junto a mis ilusiones medio crudas,
mientras duermes arrullado en la rutina,
de cómo te cuidaré si caes enfermo,
repíteme, mientras vomito hastío,
que una familia así, comodiosmanda,
es el cimiento del amor, y punto,
mientras, un poco más adentro,
la soledad me resquebraja lentamente,
dime que soy persona
porque lo soy en ti, me gusta mucho,
repíteme, otra vez, cuánto me quieres…,
lo echo en falta ahora especialmente,
cuando por el camino de silencio
que de tu voz me aleja, y de tu amparo,
su eco se ha perdido, y no me alcanza.
Publicado por Amando García Nuño
sábado, 5 de octubre de 2013
O SERODIO VERÁN DISCÚTELLE, DESCARADO, O TRONO AO OUTONO
Os que tivemos algo que ver con Lugo nunca podemos esquecer este día:
Como mozos estudiantes, como parellas namoradas , ademáis se unha está de cumpre, ademáis se unha recibiu por sorpresa un primeiro bico abrasador que aínda non se apagou ...... Ademais se unha
foi en familia cos seus nenos á romaría.... Mercáranme aquel ano una violeta africana que sempre me encantaron e ben cediño para outro día, cando aínda non daba aberto os ollos, se me presentou na cama o meu neno que tería tres aniños, coa presa de flores que lle ripara á violeta, dicíndome inocente e radiante: Para ti mamá.
gema. 05-10-2013
viernes, 4 de octubre de 2013
HOXE O PATIO ESTÁ MOI LEDO:
A nosa querida compi Angela acaba de acadar un PRIMEIRO PREMIO nun concurso de poesía.
A súa ledicia é a nosa.
Xa vos irei contando máis cando teña máis información.
PARABENS E APERTAS PARA ANGELA.

A súa ledicia é a nosa.
Xa vos irei contando máis cando teña máis información.
PARABENS E APERTAS PARA ANGELA.
O CUARTO
Escribo baixo unha pequena ventá
coa primeira luz do día
nunha hora de ninguén.
Desprego os ósos
do percheiro da noite,
escoito distante
a trécola deste vento do outono
Non sinto o desafío dos anos
nesta promiscua estancia
de libros acugulados
mobles en desuso
fotos , cadros e papeis.
A vida reflectida nunha imaxe
Van caendo as palabras
como as follas das árbores
nesta polifonía do silencio
paseniño...
ate ateigar de versos o cuarto
Ana López.
coa primeira luz do día
nunha hora de ninguén.
Desprego os ósos
do percheiro da noite,
escoito distante
a trécola deste vento do outono
Non sinto o desafío dos anos
nesta promiscua estancia
de libros acugulados
mobles en desuso
fotos , cadros e papeis.
A vida reflectida nunha imaxe
Van caendo as palabras
como as follas das árbores
nesta polifonía do silencio
paseniño...
ate ateigar de versos o cuarto
Ana López.
jueves, 3 de octubre de 2013
DE VOLTA DA PRESENTACIÓN DUN NOVO LIBRO DE XAVIER SEOANE: POETA INDISPENSABLE E PERSOA AGARIMOSA E HUMILDE COMA POUCOS.
A creación é tan fundamental como a leña e o pan.
A creación é un vento impregnado de sentido moral.
É forza tranquila e furacán desatado.
Luva ardendo na man.
Mirada no centro da cara.
Encarnadura no soño da carne.
A creación é o soño desperto do real, a vertixe luminosa que atrapa a libélula do instante.
A creación é o que non ensinan as escolas, nin os mestres, nin os pais; nin sequera os Avós nos seus relatos.
Creación é sachar.
A creación é a consciencia de saberse apto para o soño, propicio para a viaxe, cheo de indicios, de acontecementos, de morada.
A creación é instante interminábel.
Itsmo que canta.
Xavier Seoane
A creación é un vento impregnado de sentido moral.
É forza tranquila e furacán desatado.
Luva ardendo na man.
Mirada no centro da cara.
Encarnadura no soño da carne.
A creación é o soño desperto do real, a vertixe luminosa que atrapa a libélula do instante.
A creación é o que non ensinan as escolas, nin os mestres, nin os pais; nin sequera os Avós nos seus relatos.
Creación é sachar.
A creación é a consciencia de saberse apto para o soño, propicio para a viaxe, cheo de indicios, de acontecementos, de morada.
A creación é instante interminábel.
Itsmo que canta.
Xavier Seoane
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



