sábado, 30 de noviembre de 2013





Plantas marinas

Fría cae la luna sobre la arena de las dunas
y las algas ondean y fulguran;
el tenue ritmo de mi reloj dice
que son ya las doce y cuarto;
y no oigo nada todavía
salvo los golpes del viento sobre el mar.

Amy Lowel.

Precariedade

seguirán aos días
outros días
e ás noites
outras noites

máis as cousas
xa non serán as mesmas

amedrentaron as rúas
silenciaron as palabras
aldraxaron a xustiza

no xergón da pobreza
resiste a esperanza


                 Ana López.

viernes, 29 de noviembre de 2013





Pusieron lápidas en mis ojos,
miro el mundo por las grietas
y lo veo fragmentado, 
esquizoide.
Donde hubo cristales soleados
crecen telarañas
y en mis huesos
rebotan voces ya idas.
Soy un cascarón vacío, 
deshauciado,
con la incerteza del mañana,
sin destino...
Mirella S.

Música

Sorber alentos
alixeirar a carga
abrir camiños
deixar na pel pegadas.

                   Ana López

miércoles, 27 de noviembre de 2013

Gatos

Non foi así como pasou.
As historias non comenzan nin rematan cando se fan públicas, se cadra alguén non reparou polo miúdo.
Nunca tiven un teito de meu, durmo onde cadra e sei como tapar a fame. As bolsas do lixo nan teñen segredos para min, o olfacto nunca me falla.
Có meu esforzo e algunha maña herdada botara da zona aos competidores.
Convertinme no amo daquela beirarrúa.
De súpeto empezaron a pasar cousas...Cando me achegaba polas mañás, as bolsas estaban abertas e faltaban as mellores pezas.
Non podía durmir tranquilo, troqueime nun axexador. Cada día erguíame máis cedo para descubrir ao ladrón.
No amencer agocheime detrás do valo que separaba os contedores: orellas de punta, rabo teso, mirada de lume, unllas fóra...Non agardei moito tempo, alí estaba o que me quitaba o sono.
Antes de se decatara xa lle arrabuñara os ollos.
Agora andan na miña procura,queren envelenarme, din que son un perigro para a saúde da xente.
Non sabía que os homes precisaban abrir as bolsas do lixo para poder comer.
Iso só o faciamos os gatos.

                  Ana López.

LEMBRANDO AO PINTOR GALEGO FELIPE CRIADO

martes, 26 de noviembre de 2013

Gaivotas

pisadas na area
acompañan ao corazón
da man do pensamento

a baixamar leva instantes
fondeados na praia

voan gaivotas
os mares do inverno

unha rede de sombras
a contravento.


              Ana López.


CARNE Ou FERRO

 O outro día no tren unha parella ía camiño de Madrid.  De Barcelona a Zaragoza, ela reprochoulle a el a todo volume as razóns da ruptura.  De Zaragoza a Madrid, el replicou, case berrando, todo o que lle dixera.  Diría que gritaban tanto que non só captaron a atención do noso vagón senón de todo o tren enteiro-

Cando estabamos a piques de chegar a Atocha, o home que eu tiña ao lado e que rozaba os 85 anos, rosmou:  Farán as paces antes de que o tren chegue.  E xusto cando o tren freaba, 
 miráronse, bicáronse e abrazáronse.
 Observei ao home do meu lado intentando comprender como o pescudou e díxome: A xente fíxase demasiado nas palabras e tan só son unha chea de vocales xuntas, un son que as persoas emitimos e que non serve de case nada  . A xente fala pero xamais hai que escoitala.  Só sentir o son da súa pel-  E o son das súas peles prognosticaba ese final.

E non engadiu nada mais e marchouse.  E de súpeto veu á miña mente aquela incrible frase de Freud: Estamos feitos de carne pero temos que vivir coma se fósemos de ferro.
Boa semana ¡¡
A. Espinosa.

Eu, persoalmente, aposto pola carne aínda que doa. gema


Luzadas

Non está en pé
a casa onde nacín

podreceron as vigas
que sostiñan o teito.

Esfiañadas na néboa
luzadas de ausencia

ensumidas na nostalxia.

                 Ana López.

lunes, 25 de noviembre de 2013

25 DE NOVEMBRO

google

           RENACER


Renacín
de entre os cascallos
do meu propio derrubo.
Á forza de crerme
amasando a alma en bágoas.
Á forzade quererme
con amor prohibido polos deuses.
De vestirme
con aromas de respecto,
por ter nacido para ser libre.
Con forza
arrinquei a venda que preme
e manca a mente.
E voei
coma as garzas por ceos vedados.
Sempre fora así.
Pois NON, blasfemei.
E voei
sobre os cascallos
do meu propio derrubo.



gema, maio 2007

Que este día non sexa necesario.

                 CONTIGO SEN LAZOS

Non quero levar lazos por tí
quero levarche alento
quero levarche tempo
quero levarche vida
quero levarche ás!

              Ana López.

domingo, 24 de noviembre de 2013

Na procura da felicidade da man das Coplas de Pessoa

             44

Todas las cosas que dices
al final no son verdad.
Pero, si nos hace felices
eso es la felicidad

         16

Casi anónima sonries
y el sol dora tu cabello.
¿Por qué para ser feliz,
es preciso no saberlo?

           104

Desde la torre de la iglesia
se ve el campo a la redonda
Solo desde lo alto de la esperanza
vemos la vida toda.

           158

No pienso en el daño inutil
con que el mañana me desdices
Pues, ser feliz, por engaño
no es engaño: es ser feliz.


Un tipo algo esceptico non? Esta ten o seu aquel

                        142

Cantigas de portugueses
son como barcos no mar-
van dunha alma á outra
con risco de naufragar.

Ás ameixas

Tolda o amencer
o clarexo da lúa

na ribeira
alumean as farolas

fundidas no ventre do mar
rabuñan ameixas
as mariscadoras.

          Ana López.

sábado, 23 de noviembre de 2013

Este texto forma parte da columna que Juán José Millás escribe na Opinión de hoxe. Pode ser un pouco duro pero a realidade tamén a é.

 "Es posible que algún huelguista haya roto una bolsa de basura, pero es que los empresarios del sector pretendían romper a sus trabajadores la vida...
Romperla y esparcir sus intestinos por las aceras para que tomaramos nota, cabe mayor acto vandálico?