Penumbra
Un tempo de penumbra amasa pan con faragullas
nas perforadas artesas;
des-goberna os días
des-ordena as casas.
Remenda resistencias
cós trapos vellos gardados nas canastras.
Recolle os famélicos versos das derrotas
re-pregados na sombra.
Zoa no vento o des-concerto.
Ana López.
PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
miércoles, 15 de enero de 2014
lunes, 13 de enero de 2014
domingo, 12 de enero de 2014
OCÉANOS
El alma y yo fuimos a bañarnos al vasto mar...
Gibrán Jalil Gibrán.
Saín na procura dunha praia
onde deitar o corpo espido da tristeza.
Nunha charca de auga doce
recollín peixes mortos,
fixen castelos de area
que levaron as ondas,
ouvín cantos de sereas
en caracois de escuma,
perseguín papaventos
que levaban a ningures...
Como unha rocha de sal esluinme na auga.
O vento levoume lonxe
non era o mar o que buscaba !

sábado, 11 de enero de 2014
jueves, 9 de enero de 2014
A tarde trouxo unha lembranza da infancia...
CADERNO DE GARDERÍA
Aquí reina a inocencia
que perdura nos albúms,
a parvularia ensoñación:
decoro aínda mundo.
Aquí goberna a infancia
ás seis da tarde,
branquea a luz,
estende panos puros,
albas dun reino certo,
abre o país do soño.
Un cervo de oito patas.
Unha vaca que ofrece diluvios de leite.
Un gato verde que se chama Bruno.
Embarcacións que voan por un ceo-desvarío
que soñara Chagall: "ese colega".
Catro lapis de ouro
rañando no papel
trazan a marabilla.
Manuel Álvarez Torneiro ( Os ángulos da brasa)

miércoles, 8 de enero de 2014
NAVEGANDO
O dia pasa páxina
contra o muro do tempo
acubilla ilusións
nun barco amarrado
ao peirao da inocencia
navegando por mares espesos.
Ana López.
contra o muro do tempo
acubilla ilusións
nun barco amarrado
ao peirao da inocencia
navegando por mares espesos.
Ana López.
Esto é só un conto, máis todo conto leva un anaquiño de realidade que peta no corazón. Vai adicado a Sveta, hoxe en día camiño da Universidade. Moitas grazas a Conchi por dedicarme o seu tempo e coñecementos para axudarme a darlle ao texto unha forma máis axeitada.
Cousas así pasan por estas datas para estender o " espiritu navideño".Era , supoñía, para apazugar un pouco as conciencias. Que tiña de especial ?
A realidade precisaba algo máis que un concurso navideño, pero eso xa o sabían. Deberían ser cousas da política.
Era un deses anuncios que aparecen cando se achegan as festas do Nadal. O propósito era bo.
Sempre confiei na inocencia do poder, pero hoxe parecíame unha cita frívola. É sabido que "cada quen fala da feira..." e na miña faltaban globos e confetis e sobraba distancia.
Son unha de tantas vidas có futuro cortado. Seguramente só perdería o tempo se o intentaba.
Non é doado escribir. Encher varios folios paréceme algo inalcanzable, pero preciso os cartos, por eso vou abrir o corazón, o máis valioso que teño, a carteira baleirouse no último fracaso.
Polo demáis todo vai ás costas da nostalxia. Marchei á forza dun país ao que lle roubaron a voz e lle esgazaron as ilusións, un país sen traballo, cara a outro onde dicían que estaba o futuro. Polo de agora aínda ando na súa procura.
Pasar fronteiras non é garante de nada, en calquer sitio escoitas o mesmo discurso. Son "eles" os culpables:
os de fóra
os diferentes
os pobres
os lisiados.
Eu reunía todas as eivas. Nunha palabra era estranxeiro.
Lembrei momenos compartidos cós amigos, instantes entrañables de fáciles palabras e veume á memoria aquel día onde acampou a soberbia, cando a vida aínda era amable connosco.
Vivíamos unha realidade protexida, no nos faltaba de nada; eramos novos e a escasede non habitaba as nosas casas. E chegou ela, como chegan os que piden, coa cabeza baixa. Á primeira vista unha rumana máis !refugallo!
Tiñamos claro que eran todos iguais, viñan a aproveitarse dos nosos recursos. Un contou que un familiar non fora atendido no seguro por pasar diante a un destes parásitos. Outro que entraran a roubar na casa dos avós.Alguén deixou caer que deberiamoa metelos a todos nun avión e tiralo ao mar. Voces suxeriron que os arames das fronteiras descargasen a morte...
Para entón as faces dos inimigos xa trocaran e agora tamém os negratas, sudakas e xitanos tiñan a culpa da nosa situación. senón fose por estes larcháns ao país iríalle millor e os cartos chegáriannos a todos.
Mirei para ela, os inimigos non deberían ter ollos, nin mirarte. Aquela mirada cambiou a miña vida . Vin un ser humano, non estaba no guión.
Xa non puiden participar dos risos e dos empurróns. Sentía vergoña e agora era eu o que baixaba os ollos...non puiden seguir alí. Ás agachadas, covardemente fuxín para non caer na tentación de defendela.
Contáronme ao día seguinte que a esmorga seguira ata o amencer, e que a rapaza asoballada marchara mazada.
-Para que saiba cal é o seu sitio- berraban.
Cando os outros rín da súa "valentía" eu agochaba a cabeza. O meu prestixio no grupo romperíase
se mostraba unha debilidade.
Nós eramos os bos indiscutibles, os de alí, os patriotas !
Ao pouco tempo vinme na necesidade de emigrar, de pouco me valeron os estudos e ser "tan español" porque aquí o que se leva e ser alemán.
Agora eu tamén son refugallo loitando por sobrevivir, un estranxeiro, un perigo para a sociedade igual que :
un rumano
un xitano
un negrata
un sudaka
un de fóra
un paria !
Traballo por unha miseria nun supermercado levando mercadurías ás casas, non me queixo, hai traballos moito piores. Senón coñeces ben o idioma non podes progresar, así que me apuntei a unhas clases de alemán na Universidade. Penso mellorar algún día.
Non me gusta este país, boto de menos a luz, o frío chégame ata os miolos da alma, se aínda a teño. Móvome coma un boneco a golpe de horarios, fago o que lle toca a cada hora. A miña vida aquí é traballo e noite.Sempre é noite.
Pronto será Nadal i eu aínda agardo por un milagre.
Mentres chega estou escribindo estas liñas que meteron polo patio traseiro do corazón a lembranza daquela rapaza rumana. Dende que lín o anuncio non ma quito da cabeza. Algo turra por saír, e no peito instalouse unha pedra que non me deixa respirar. Non foi boa idea, xa levo moitas liñas e aínda non vexo por ningures o "espíritu navideño"
Este tiña que ser un relato amable pero a reflexión estame levando cara a unha noite que tentei esquecer e facer como se nunca tivera sido unha testemuña muda. Negueime a me enfrentar coa miña responsabilidade pero non puiden esquecer aquela mirada de auxilio, nin como fuxín de alí envolto na escuridade.
A noite leva rachas de coitelos baténdome na face, e ollos , moitos ollos...Ás veces soño con eles e esperto aterrorizado de min mesmo.
Estou experimentando algo que hai tempo non sentía. Estaba baleiro, deixándome levar polos días, pero este relato estame conducindo por camiños que quedaran atrás, agora empezo a comprender o desacougo que sentín ao ler o anuncio. Era un agoiro.
Recoñezo esta sensación; os músculos afroxan, a pedra que me atranca faise máis pequena e deixa entrar pouco a pouco un aire suave que percorre o peito. É un alento.
Non sei que espero pero algo vai suceder, pode ser un milagre.
Os ollos vanse enchendo dunha auga morna e salgada, ata que se desbordan e no papel cae unha pinga.
Hai moito que non choro dende que aqueles ollos me roubaron as bágoas.
Pensaba que era un home sen corazón, pero os homes sen corazón levan un croio no seu lugar.
Hoxe cada liña, cada palabra foi esluíndo a carraxe que me trancaba a gorxa e me pechaba na sombra.
Penso que xa recibín o meu agasallo de Reis. O anuncio era o milagre !
Envólveme un remorso amargo e doce que me consola.
Chegou a min algo de paz.

martes, 7 de enero de 2014
lunes, 6 de enero de 2014
DEVALUACIÓN DAS MONARQUÍAS
POIS VEREDES:
NON ME DEIXARON NADA DE NADA E NON É PORQUE FOSE MALA, QUE O DIGO EU.
XA FAI TEMPO QUE VEÑO SOSPEITANDO QUE OS TALES REIS MAGOS NON EXISTEN PERO ESTE ANO DOU
POR CONFIRMADO QUE SON UNHA ENGANIFA MÁIS COA QUE NOS FAN COMULGAR DESDE PEQUENIÑOS
ASÍ AFASTE A TRAGAR CON TODO PARA SEMPRE.
E OS PAIS CONSINTEN EN GASTAR OS CARTIÑOS PARA QUE EXISTA A ILUSIÓN ......
E LOGO ELES NON SERÁN CAPACES DE CREAR A MAXIA PARA OS SEUS NENOS?
MENOS MAL QUE CON ISTO REMATA TODA A TRAPALLADA DE TANTA ALBOROTO E FELICIDADE MERCADA.
SEREI PLASTA ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
viernes, 3 de enero de 2014
jueves, 2 de enero de 2014
Adorarás...
![]() |
| "Adorarás os abrazos: os dados, recibidos, os que agardan, os perdidos..." |
A ausencia de dor. A risa. O territorio onde non existan as despedidas. As luvas que protexen da tristeza. A boa compañía. A dignidade. Os dedos que te acariñan. A pel que tocas. A lúa. A gloria de gozar. Adorarás a felicidade cando a teñas, e aprenderás a disfrutar dela: porque todo pasa. Adorarás, como no bolero, a rúa na que encontraches uns ollos á medida dos teus ollos. Os sabores inolvidables e aqueles que é mellor olvidar. Adorarás a maxia dos instantes máis que a perorata dos meses ou dos anos, dos lustros e das décadas, do futuro ou da posteridade: ese lugar onde non estarás. Leonard Cohen, Serrat (que xa cumpriu setenta anos mediterraneando). Os poemas de amor que escribiron Quevedo e Neruda: «Quítame el pan si quieres, quítame el aire, pero no me quites tu risa porque me moriría». Adorarás as estrelas que iluminan tantas noites: esas que pintan de violeta escura o interiorA noite que deixaches varada nunha praia sen mar, de bar en bar, praza melancolía. Os consellos que non segues. Adorarás os soños: porque sen eles pereces. Adorarás cada resurrección e aprenderás das caídas, ese hábito. A liberdade, a túa, e a dos outros. Adorarás a sabedoría. O respecto, a tolerancia, o costume de dicir libremente. Monterrei, castelo de mil meiguizos. A fraternidade, igualdade, xustiza. Adorarás os abrazos: os dados, recibidos, os que agardan, os perdidos, os solitarios, os primeiros, últimos, grandes, mínimos. Adorarás o mundo e os humano do mundo capaces da dor e da ventura. A risa. O territorio onde non existan as despedidas. As luvas que protexen da tristeza. En 2014, adorarás.
Artigo de Xosé Carlos Caneiro publicado na Voz de Galicia. (Foto propia)
miércoles, 1 de enero de 2014
PROGRAMA PARA 2014
Estaba necesitando hacer una limpieza...
Tirar algunos pensamientos indeseados. Lavar algunos tesoros que estaban medio oxidados... Entonces saqué del fondo de las gavetas recuerdos que no uso y no quiero más. Tiré afuera algunos sueños, algunas ilusiones... Papeles del presente que nunca usé, sonrisas que nunca di.
Tiré fuera la rabia y el rencor de las flores marchitas que estaban dentro de un libro que nunca leí. Miré para mis sonrisas futuras y mis alegrías pretendidas... y las coloqué en un cantito, bien ordenaditas.
Quedé sin paciencia... Saqué todo lo que había en el armario y lo fui tirando al suelo: Pasiones escondidas; deseos reprimidos; palabras horribles que nunca hubiera querido decir; heridas de un amigo; recuerdos de un día triste... Pero también encontré otras cosas... Y muy bellas .... Un pajarito cantando en mi ventana... Aquella luna color de plata; una puesta de sol ...
Me fui encantando y distrayendo, mirando cada uno de aquellos recuerdos. Me senté en el suelo, para poder escoger. Arrojé directo en el saco de la basura los restos de un amor que me hirió. Tomé las palabras de rabia y de dolor que estaban en el estante de encima, pues casi no las uso, y las tiré fuera en el mismo instante ...
Otras cosas que aún me hieren las coloqué en un canto para después ver lo que haré con ellas, si las olvido o las envío para el basurero. Fue en aquel cantito, en aquella gaveta en que uno guarda todo lo que es más importante: el amor; la alegría; las sonrisas; un dedito de fé para los momentos que más necesitamos...
Recogí con cariño el amor encontrado; doblé ordenaditos los deseos; coloqué perfume en la
esperanza; pasé un pañito en el estante de mis metas y las dejé a la vista para no olvidarlas. Coloqué en los estantes de abajo algunos recuerdos de la infancia; en la gaveta de encima las de mi juventud y colgado bien a mi frente, coloqué las de mi... capacidad de amar...
Enviado por un amigo descoñecido....
DESEXOS
QUIZABES TODOS OS DÍAS NON SEXAN BOS, PERO TODOS OS DÍAS TEÑEN ALGO BO.
DESCUBRÁMOLO, GOCÉMOLO, VIVÁMOLO, BEBÁMOLO E SABOREÉMOLO COMA O MELLOR VIÑO DA VIÑA DA VIDA.....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)