PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
viernes, 1 de noviembre de 2013
Unha agarimosa lembranza aos nosos difuntiños
Pode ser
que nos mezan
e nos miren na noite
os que tanto quixemos.
Pero nós
non podemos abrazalos
nin velos !
Ana López.
que nos mezan
e nos miren na noite
os que tanto quixemos.
Pero nós
non podemos abrazalos
nin velos !
Ana López.
jueves, 31 de octubre de 2013
Regreso
Regreso tantas veces
a esa casa da nenez onde a vida se asenta
buscando o agarimo do seu colo,
esperando encontrar
"as bonecas, os aros e as pelotas"
que xogaban ás agachadas coa pobreza.
Só me esperan os xoguetes rotos
e un silencio que doe.
Non hai abrazos na porta
nin se amasan bicos na cociña.
Todo é silencio no patio do lecer,
falta o balbordo das risas e das rifas
ás carreiras.
Pero eu quero volver
á primeira e última casa que vai saber de min;
á que choro sen bagoas
á que sinto na pel
á que escoito nos soños
e quero comprender.
Quero vestir o traxe dos domingos
e camiñar da súa man as empedradas rúas,
quero poder abrazar e contar tantas cousas !
antes de que me perda definitivamente
no bosque das sombras.
Ana López.
a esa casa da nenez onde a vida se asenta
buscando o agarimo do seu colo,
esperando encontrar
"as bonecas, os aros e as pelotas"
que xogaban ás agachadas coa pobreza.
Só me esperan os xoguetes rotos
e un silencio que doe.
Non hai abrazos na porta
nin se amasan bicos na cociña.
Todo é silencio no patio do lecer,
falta o balbordo das risas e das rifas
ás carreiras.
Pero eu quero volver
á primeira e última casa que vai saber de min;
á que choro sen bagoas
á que sinto na pel
á que escoito nos soños
e quero comprender.
Quero vestir o traxe dos domingos
e camiñar da súa man as empedradas rúas,
quero poder abrazar e contar tantas cousas !
antes de que me perda definitivamente
no bosque das sombras.
Ana López.
Xa que nalgunha ocasión me mostrei moi esceptica coa columna de Xosé Carlos Caneiro, hoxe quero dicir que comparto sen reparo a súa columna na Voz de Galicia; fala de "portas" eu abro de par en par a miña a aos afectos, a min tamén me gustan as miradas abertas así que hoxe vou da man do articulista. Mañá xa veremos.
PIDO QUE ALGUÉN ME CONTE
Traio este cachiño de texto aquí pola razón da desazón.... que quedou dentro de min desde que escoitei falar a Vila Matas.
Foi unha fustración, unha quimera, non entendín nada do que falou .....
En fin, para acougarme pensei que cada louco co seu tema.
Fai moi poucos días estiven nunha conferencia de Luis Goytisolo. O mesmo sabor amargo na gorxa e na corteza cerebral: non pode ser cousa deles, ten que ser a miña incultura.
A sensación que tiven escoitando, con toda atención a Goytisolo foi exactamente a de estar vendo un gran cerebro gris metido nun frasco de formol.
Fai falla ter valor para confesar así, a corazón aberto, a miña ignorancia.
Por iso volo conto. vou ver ata onde poden dar as miñas luces para albiscar algo do que hai por aí fór do meu raquítico e incoloro cerebro.
«todo el mundo, exactamente todo el mundo, se siente capaz de escribir una novela sin haber aprendido nunca ni siquiera los instrumentos más rudimentarios del oficio, y sucede también que el vertiginosos aumento de estos escribientes ha terminado por perjudicar gravemente a los lectores, sumidos hoy en día en una notable confusión. Sabe que «los españoles son de esa clase de gente que se cree que por repetir una y otra vez la misma cosa al final acaba siendo verdad». Porque no desconoce al auténtico escritor y experimenta en carne propia que «quien escribe con sentido del riesgo anda sobre un hilo y además de andar sobre él tiene que tejerse un hilo propio bajo sus pies». Es lúcido como pocos: «puedo decir tranquilamente que, entre la vida y los libros, me quedo con estos, que me ayudan a entenderla. La literatura me ha permitido siempre comprender la vida. Pero precisamente por eso me deja fuera de ella». Se conoce muy bien y no ignora lo que quiere: «fui construyéndome un estilo literario inconformista y excéntrico: un estilo vanguardista al principio y que con el tiempo se ha ido serenando. Un estilo contra el tedio familiar, el de la casa de mis padres, pero también contra el tedio aplastante del país en el que me había tocado nacer. Un estilo a la contra y un intento siempre de decir cosas distintas, con humor a ser posible, para romper con la falta de ironía del monólogo anticuado y único del patriarca». Y mantiene su nave bien sujeta, técnico en aguante y perito en soportar las tormentas exteriores: «Y continuar. No he hecho nada más en la vida que continuar. Terminaba un libro y empezaba otro, siempre continuando. Perderlo todo menos la soledad. Y tener aplomo y dignidad y no llorar, justificarme ante la muerte con una obra bien hecha».
Cómo no sentirme hermanada en pensamiento con un ser que indica que «sin la literatura, la vida no tiene sentido», un ser que no se engaña ni considera que su apetencia sea la más recomendable, pues muy bien ha experimentado la paradoja de la literatura: «Precisamente porque la literatura nos permite comprender la vida, nos deja fuera de ella». Me siento reflejada cuando indica: «Busco el recogimiento, porque suele ser más interesante la literatura que la vida. No sé si es paradójico, pero me gusta muchísimo la vida porque, digan lo que digan, se parece a una gran novela».
Creo que ha quedado clara mi admiración por Enrique Vila-Matas y sé que él se sonreiría con un escrito como el presente, por eso del «lujo de las citas, de las líneas ajenas que incluimos en nuestros propios textos» y porque «escribimos siempre después de otros». Como señala en Perder teorías: «La literatura es la creación más valiosa de la humanidad en su intento por entenderse a sí misma».
Con él y con Pierre Michon refrendo que «me niego a convertir el milagro en profesión, el talento en carrera literaria. La literatura no es un oficio, es una enfermedad; uno no escribe para ganar dinero o caer bien a la gente, sino porque intenta curarse, porque está infectado, porque lo ha ganado la tristeza».
Isabel martínez Vaquero
Na varanda
Camiño pola beira
estendo o tempo
nas ondas.
No mar
un ronsel de prata.
Instante azul
na varanda.
Ana López.
estendo o tempo
nas ondas.
No mar
un ronsel de prata.
Instante azul
na varanda.
Ana López.
martes, 29 de octubre de 2013
ANIVERSARIO
voces orfas
pasos que se perden
no longo corredor
da ausencia
O dia 30 de outubro do ano 1999 morreu Uxío Novoneyra, levamos catorce anos orfos, non só dunha voz grande da poesía segada antes de tempo, cando aínda lle quedaba tanta palabra por dicir, tantos fermosos libros que abririan novos camiños nesta realidade esfameada, senón que nos falta tamen o Home bo e xeneroso.
Ana López.
Estas liñas foron sacadas dunha entrevista a Elba Rei, na súa voz está a palabra de Uxío.
"Considero que ser poeta é o máximo destino. é o máis solidario coa tua existencia e coa dos demáis.É a mirada máis compasiva"
"A poesía é todo o máis real, o máis axustado á realidade.Para Uxío a vida e a obra estan tan encaixada que é dificil distinguilas. El sempre dicia que tentaba fuxir do que a xente entende por poeta"
"No poeta sempre poden a esperanza e a responsabilidade máxima"
"Se un poidese orar aínda, o único que teimaría en pedir sería non ceder nunca do entusiasmo"
Na súa caixiña, para acompañalo na última viaxe, Elba púxolle estes fermosos versos:
Camiño de volta fago
volvo do cabo do mundo
Terra solo en ti me fundo
é a certeza que traigo.
Uxío Novoneyra.
pasos que se perden
no longo corredor
da ausencia
O dia 30 de outubro do ano 1999 morreu Uxío Novoneyra, levamos catorce anos orfos, non só dunha voz grande da poesía segada antes de tempo, cando aínda lle quedaba tanta palabra por dicir, tantos fermosos libros que abririan novos camiños nesta realidade esfameada, senón que nos falta tamen o Home bo e xeneroso.
Ana López.
Estas liñas foron sacadas dunha entrevista a Elba Rei, na súa voz está a palabra de Uxío.
"Considero que ser poeta é o máximo destino. é o máis solidario coa tua existencia e coa dos demáis.É a mirada máis compasiva"
"A poesía é todo o máis real, o máis axustado á realidade.Para Uxío a vida e a obra estan tan encaixada que é dificil distinguilas. El sempre dicia que tentaba fuxir do que a xente entende por poeta"
"No poeta sempre poden a esperanza e a responsabilidade máxima"
"Se un poidese orar aínda, o único que teimaría en pedir sería non ceder nunca do entusiasmo"
Na súa caixiña, para acompañalo na última viaxe, Elba púxolle estes fermosos versos:
Camiño de volta fago
volvo do cabo do mundo
Terra solo en ti me fundo
é a certeza que traigo.
Uxío Novoneyra.
ACLARACIÓN
Que a ninguén se lle ocurra pensar, coma a Conchi, que LUJURIA, ese precioso poema, é meu. Primeiro porque nunca se me ocurriría enganarvos. Segundo porque nunca daría escrito algo tan bo e terceiro, está en castelán.
A imaxe é de Angel Boligán e o poema e collido dunha miscelánea e nin nombre ten.
Que máis quixera eu...
A imaxe é de Angel Boligán e o poema e collido dunha miscelánea e nin nombre ten.
Que máis quixera eu...
lunes, 28 de octubre de 2013
Visita o xoves a exposición "Metamorfosis" do poeta e fotógrafo Manuel Vilariño no MAC da Coruña. É unha retrospectiva dos trinta anos de obra, o último unha viaxe por Extremadura da man da néboa. Antes da visita pronunciou unhas palabras; pura e profunda poesía,definiuse como un ser que fora i é "silencio e soedade", inda que non falou deso, ali palpamos a reciente perda que sufriu. Recomendable exposición, recomendable poeta. Estas pequenas palabras son para el con moitisimo respecto.
PERDA
Escoitaba ausente aqueles cantos dos que non participaba e sentía sobre el os abrazos como gadoupas que o esgazaban; pero mantíñase dreito.
Agora contaba coa comprensión social do silencio, era normal que naquel momento non dixera nada, por unha vez non tería que disculparse.
Ó redor a vida seguía.
Non sabía con que forza contaría mañá, pero seguro que sería quen de comezar o día, e rematalo.
Eso sería todo.
Ana López.
Escoitaba ausente aqueles cantos dos que non participaba e sentía sobre el os abrazos como gadoupas que o esgazaban; pero mantíñase dreito.
Agora contaba coa comprensión social do silencio, era normal que naquel momento non dixera nada, por unha vez non tería que disculparse.
Ó redor a vida seguía.
Non sabía con que forza contaría mañá, pero seguro que sería quen de comezar o día, e rematalo.
Eso sería todo.
Ana López.
domingo, 27 de octubre de 2013
Verde
Sempre hai un día
no que o verdor esmorece
entón chegou o momento
de agardar
por unha nova primavera.
Ana López.
no que o verdor esmorece
entón chegou o momento
de agardar
por unha nova primavera.
Ana López.
sábado, 26 de octubre de 2013
Non me resigno-2
Non me resigno ao silencio,
nin me fio do voo das bolboretas
abatida beleza dun instante.
Non me resigno a dormitar
na palabra que atolda o cristal
onde se conxela a esperanza.
Non me resigno a camiñar
polos beizos do tempo
recitando abecedarios alleos.
Non me resigno a mirar con rutina
o po deste desgastado presente
que se difumina no abismo.
Non me resigno a ser unha lembranza
no vértice da fráxil memoria dos días.
Non me resigno a contemplar indolente
como o home asustado afunde os ollos
no cadaleito do futuro.
Non me resigno a ceder baixo o peso
das respostas que rebentaron as preguntas.
Non me resigno a escoitar indiferente
o tintineo das cadeas.
Ana López.
nin me fio do voo das bolboretas
abatida beleza dun instante.
Non me resigno a dormitar
na palabra que atolda o cristal
onde se conxela a esperanza.
Non me resigno a camiñar
polos beizos do tempo
recitando abecedarios alleos.
Non me resigno a mirar con rutina
o po deste desgastado presente
que se difumina no abismo.
Non me resigno a ser unha lembranza
no vértice da fráxil memoria dos días.
Non me resigno a contemplar indolente
como o home asustado afunde os ollos
no cadaleito do futuro.
Non me resigno a ceder baixo o peso
das respostas que rebentaron as preguntas.
Non me resigno a escoitar indiferente
o tintineo das cadeas.
Ana López.
jueves, 24 de octubre de 2013
El cansancio
El cansancio. De nuevo, el
cansancio. El esfuerzo por
sobrevivir. Reiterado
Observar las nubes.
Dentro.
Barrer.
Dentro.
Elegir quedar.
Toda nube
lleva una trayectoria. Asumir
la trayectoria. Imposible
barrer todo siempre. Está el
cansancio.
Aunque también el de
las trayectorias. De ver pasar las nubes.
También ese cansancio.
Entonces,
por un momento, ahora.
Sin voluntad. Y casi está bien.
Hasta pensar el estar bien y convertirlo
en nube. En trayectoria.
De "Hilos" 2007
cansancio. El esfuerzo por
sobrevivir. Reiterado
Observar las nubes.
Dentro.
Barrer.
Dentro.
Elegir quedar.
Toda nube
lleva una trayectoria. Asumir
la trayectoria. Imposible
barrer todo siempre. Está el
cansancio.
Aunque también el de
las trayectorias. De ver pasar las nubes.
También ese cansancio.
Entonces,
por un momento, ahora.
Sin voluntad. Y casi está bien.
Hasta pensar el estar bien y convertirlo
en nube. En trayectoria.
De "Hilos" 2007
Chantal M.
Estamos hoxe na rúa na defensa do futuro. Que os cartos non o limiten !
O FUTURO
é a historia da xente
que non calou
nin o poder
amedrentou !
Ana López.
é a historia da xente
que non calou
nin o poder
amedrentou !
Ana López.
miércoles, 23 de octubre de 2013
Escribir
enredarse nas sombras á procura da luz
un camiño que se perde cada día
un alento afogado no peito
pasos que non volven
tempo que fuxiu
un silencio
un lamento
escribir
Ana López.
un camiño que se perde cada día
un alento afogado no peito
pasos que non volven
tempo que fuxiu
un silencio
un lamento
escribir
Ana López.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
I
Imaxe google

