viernes, 9 de mayo de 2014

ONTE NA UNED, ANDRÉS TRAPIELLO. INTERESANTE, DISCUTIBLE, VARIADO, PROFUNDO, INTENSO. DEMASIADA INFORMACIÓN PARA MOITO TEMPO ( para o meu parecer e a miña resistencia que é pouca)


                  HABLA
 
¿A qué lengua se traduce la lluvia?
¿Cuántas letras forman el perfume
que la rosa destila? ¿Con qué rima
uncirías las olas de la playa?
¿Serías tú capaz de discernir
los hemistiquios en el beso último
de dos amantes, y ponerle acentos
al silencio sutil de sus pupilas?
¿Qué humana ortografía serviría
para ese ladrido que a lo lejos
se oye en plena noche o para el pulso
que late en todo astro, incluso muerto?
Dime con qué alfabeto se transcribe
el sueño de la vida,
dímelo sin palabras, que son merma,
sin rima, sin acentos, sin medida,
y luego, habla.


(Andrés Trapiello, de Habla y otros poemas, 2003).
 
 
 
 





 
 
 
 
 

miércoles, 7 de mayo de 2014

ÚLTIMA HORA

Parece ser que as prazas
non son para os pobres
que non teñen casa;

son unha imaxe pouco edificante
para os nenos das escolas

 a pobreza vaiche ser agora
 cousa da imaxe !


        Ana López.
Onte poñía eu esa nota de OLLO ÁS REDES por unha cousa que me sucedeu onte a min e algunha amiga máis.
Abro o correo e atópome coa petición dun terceiro que desde Holanda, seica, pide socorro por atoparse nunha situación complicada e necesita 2.000 euros para saír do apuro...........
Pónseche a cabeza en marcha a 150, chamadas, dúbidas.........
En fin, unha trampa porque España desde o Lazarillo¡¡¡¡¡
 

O ACOSO

Andaba o sol a despedir a tarde, nese hora que agarda pola noite.
Onde vivo todo da cobixo a ese instante. O silencio préndese na casa e o corpo comeza a relaxarse. Nada interrompe o sosego dos corazóns.

Por iso me asustou tanto o balbordo que chegaba da rúa e acerqueime a ventá por ver que pasaba.
O que contemplei era algo máis que unha liorta de nenos:

- Baixa maricón! - berraban.

Envalentonados e arengados por quen parecía o xefe; un rapaz que levaba na cara e nos xestos a sombra da violencia, un fato de cativos rían e berraban como tolos.

-Baixa nenaza !- repetía o pequeno matón.

Dende a ventá da casa de enfronte un neno loiro co cabelo enmarañado e os ollos vermellos de chorar tentaba manterse digno e respostáballes erguendo o dedo longo. De súpeto alguén o colleu  e pechou a fiestra. Non voltou a saír, ainda que nas escaleiras seguiron os berros e as gargalladas.

Non me puiden esquecer do neno aldraxado nin das risas de satisfacción dos acosadores.

A nenez non habita sempre o paraiso!

         Ana López.

lunes, 5 de mayo de 2014





A gente pensa uma coisa,

acaba escrevendo outra

e o leitor entende uma terceira coisa...

E, enquanto se passa tudo isso,

a coisa propriamente dita,

começa a desconfiar

que não foi propriamente dita.

- Mário Quintana -

viernes, 2 de mayo de 2014

En maio

"A tristeza deita sangue..."

En maio os peitos da luz
amamantan os días
que medraron baixo as chuvias de abril
e os ventos de marzo.

En maio as mágoas átanse á cor das flores
e mídense en magnitudes  de transparencia.

Agora teño o corazón
enchoupado en melancolías vermellas.
Cósenme as pálpebras bágoas amarelas,
dores  azuis róenme   os adentros,
mastigo angustias alaranxadas,
supuran os labios ausencias violáceas
e soidades brancas cólanse entre os dedos.

En maio penduro os abrigos nunha percha,
gardo nunha gabeta  os xerseis do inverno.
Saco as cores do armario para adobiar as penas
e camiño polas rúas, anémica de escuridades...


A tristeza deita sangue na inercia celeste da tarde. 
                                 
                                                                                                      (Foto propia)

A mesma árbore

 A todas as árbores que se manteñen en pé




En esta aldea está la última casa,
tan sola cual la última en el mundo.

               Rainer María Rilke.



Só poido decirche
que non hai quen en ningures
que viva por tí.

Que son túas as cousas
e os afectos que tecen as horas,

que envellecerás alzando un voo
invernal e fuxidío.

A vida non ten atallos;

ainda que o aire non sexa o mesmo
sempre mecerá a mesma árbore.

          Ana López.

MAIOS - CULTO A MAIA - FECUNDA NAI TERRA - MAIOS QUE TAPOU A CRUZ

Campolongo canta o Maio
con retranca e sentimento
escoitade as nosas coplas
bicando ledas ao vento.

Cantamos na Boa Vila
Coa Lingua da nosa terra
Alí onde nós  vaiamos
Sempre imos defendela.

A educación popular
ten medidas sobranceiras
os ricos comen nos prato
  os pobres en friameiras.

                  Curso 5º de Campolongo

jueves, 1 de mayo de 2014

Animación á escritura.

DIÁLOGO A UNHA VOZ


Agardou a  que viñeran
á calor da tenrura
dun saboroso guiso de lentellas;

nunca voltaron. 

Falou coa altiveza  un antiguo diálogo:

-Como te atopas?
-Non preguntes.
- Imaxino que debe ser moi doloroso.
-Nada que non poida soportar.
-Por que estás á defensiva?
-Estou moi cansa. Voume deitar.

E a soedade deitose ao seu carón... 



      Ana López.
...............................................................Le veo arar los rastrojos,
y devorar un mendrugo,
u declarar con los ojos
que por qué es carne de yugo.

Me da su arado en el pecho,
y su vida en la garganta,
y sufro viendo el barbecho
tan grande bajo su planta.

¿Quién salvará a este chiquillo
menor que un grano de avena?
¿De dónde saldrá el martillo
verdugo de esta cadena?

Que salga del corazón
de los hombres jornaleros,
que antes de ser hombres son
y han sido niños yunteros. 

Miguel Hernández

1 MAIO