PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
viernes, 6 de septiembre de 2013
jueves, 5 de septiembre de 2013
Para Xana e todas as fadiñas que enchen a vida de tenrura
Por un buratiño
aberto no ceo
asoma unha fada
cunha cestiña de caramelos.
Ana López.
aberto no ceo
asoma unha fada
cunha cestiña de caramelos.
Ana López.
MATRICULA GRATIS
Neste PATIO non costa nada matricularse, admitense todos os xéneros, razas, relixións e singularidades.
Non se aplica ningún tipo de recortes nin se impoñen ideoloxías, cada quen vén coa súa posta e ha de conservala,ou cambiala segundo lle pareza oportuno.
Só se precisa vir co sorriso posto e vestidos de ESPERANZA.
Non sei que máis queredes, coño, a ver se vides porque por aquí non aparece nin o pupas...
ENXUGAR
A mañá lavou o verso
a tarde tendeuno ao sol
a noite deixou pegadas
na seda do corazón.
Ana López.
a tarde tendeuno ao sol
a noite deixou pegadas
na seda do corazón.
Ana López.
miércoles, 4 de septiembre de 2013
| NAI. Eva Veiga |
NAI
CANDO veña o tempo de derrubar as estatuas nosas pola súa man noutrora ergueitas, cando os nosos actos e tamén os desleixos voen como follas desprendidas no aire indolente e incomprensible, cando os nosos átomos e mesmo os xenes que compartimos se esquezan xa noutras existencias da vida e da forma sucesiva que nos deron, entón, alén do sol e deste inverno que me anega, a luz túa sempre acesa e desa luz a miña sede avivarán o amor universal que adoito refai tan alta casa. |
martes, 3 de septiembre de 2013
Tolo non é o que perdeu a razón, senón o que o perdeu todo menos a razón??
E esa cita ten moito que ver coa columna de hoxe? É que o outro día andaba pola rúa e vin que había un home duns 60 anos que dicía unha frase a todo o mundo que pasaba preto de,l repetíaa moitas veces. E pódovos asegurar que a xente non replicaba, mirábano e levemente asentían coma se lle desen a razón? Era realmente curioso de ver? A frase que dicía e repetía era: Pódelo facer mellor, e ti sábelo, pódelo facer mellor. Estas palabras eran repetidas a todas as persoas coas que se cruzaba e como vos contaba, pódovos asegurar que todas afirmaban co rostro. E é que creo que non hai dúbida que esa frase toca todos os corazóns e non hai ninguén que non estea de acordo. Sexa por un tema ou por outro, pero sempre o podemos facer mellor e sabémolo. Parecía un tolo, pero cada vez que penso nesa frase, estou seguro que non o era e como di aquela cita, perdera todo menos a razón. Feliz semana!
A. Espinosa
|
DE HOXE EN DIANTE
CADA VEZ QUE UNHA MULLER SEXA ASASINADA, DEIXAREI NO PATIO UNHA ROSA VERMELLA COMA UNHA PINGA DE SANGUE:
POR ELSA.
POR ELSA.
lunes, 2 de septiembre de 2013
domingo, 1 de septiembre de 2013
sábado, 31 de agosto de 2013
AGOSTO COMA ESTE, CUN SUBMARIÑO NUCLEAR NO NARIZ
31 de agosto de 2013 05:00
Era un agosto coma este e foi só un intre. Tremeron os cristais. Movéronse as flores dos xeranios. A roupa bailou nos tendais. Só me deu tempo a correr axiña cara ao balcón e, coa Nancy aínda nunha man e o peite na outra, vin pasar o avión de guerra. Na memoria, sinto na cara o vento que deixan as cousas que pasan a toda velocidade e no oído o fungar da fractura da barreira do son. A primeira guerra do Golfo, que foi tamén a primeira guerra que eu vin cun certo uso de razón, chegou e marchou así daquela terraza doutrora, ateigada entre os xeranios da miña nai e os xoguetes meus. Nunca máis se me foi da memoria, e algunhas veces aínda soño con aquel avión de guerra a pasar coma un fantasma, sobrevoándome e ameazándome con facerme saír morta na tele a diario. Nesas noites nas que aínda soño co avión de guerra, recupero unha sensación estraña e distante, unha sorte de medo amolecido polo tempo, seguramente o que sentín asomada á terraza sen saber se aquel avión era dos bos ou dos malos, dos nosos ou dos outros, se só pasaba por alí, se se perdera, ou se ía atacar o meu pequeno mundo de xeranios, tendais e bonecas.
Sempre que vai comezar unha guerra, vólveme ese medo do avión co que aínda soño ás veces. Cando me anuncian unha guerra, sigo sen entender nada en absoluto, coma cando xogaba na terraza e xa intuía que saber de bos e malos nesta historia non debía de ser tan fácil coma nas películas. Cando se reúne a Comisión de Seguridade de Nacións Unidas, non podo tirar da cabeza unha imaxe de bonecas decapitadas, roupa esfarrapada e flores de xeranio esmagadas polo chan, entre charcos de sangue.
viernes, 30 de agosto de 2013
PARA A MIÑA INÉS
O loro é un dos paxaros máis incomprendidos deste planeta. Ben mirado, son os precursores das novas tecnoloxías sen que en ningún momento se lles rendese respecto nin admiración. E con todo foron eles e non outros quen, coas súas frases urxentes e sentenciosas, veñen desde tempos remotos abríndolles o camiño ás redes sociais como Twitter ou Facebook. Auténticos tweets que nunca exceden os 140 carácteres como ?Luisa, esta sopa está fría?, ?Con esa minisaia esta nena non sae á rúa? ou ?Houston, temos un problema? inundaron os fogares que teñen a fortuna de sentar un loro á súa mesa.-- Francisco R. Criado
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




