lunes, 23 de julio de 2012

No verán as soidades aumentan




" O peor é que buscan deixarnos sós incluso de nosoutros mesmos..."
   

A soidade aniña sempre nas nosas propias contornas. Cando todo o mundo anda de praias ou vai de viaxe, parece unha obscenidade falar de sufrimentos ou do soas que fican moitas persoas fronte aos seus problemas máis vitais. Teoricamente estamos comunicados, e curiosamente, ao outro lado dun berro de axuda ou dunha conversa, non hai ninguén. Na época dos móbiles, ninguén descolga.
Esta tempada, polo estilo da miña vida, tocoume transitar vieiros de sufrimento persoal e principalmente dos demais. Tiven de exercitar a fondo iso que agora se deu en chamar tecnicamente ‘counselling’. (Se non o dis en inglés xa te aparcan os ben situados, os dos bilingüismos harmónicos e doutras historias). Nós entendémonos moito mellor cando falamos na voz do outro, sexa guaraní, quechua, romanó, galego, castelan, etc. Falamos con corazón de acompañamento, de saber ser e saber estar aí ao pé de quen o está pasando mal. É o misterio da presenza servizal e silenciosa, humilde e de autenticidade. Sen pretender acertar sempre, sen ir de sabido pola vida nin pedir nada a cambio. Trátase de ofrecermos alma, corazón e vida: Se che servo de algo, amigo, aquí me tés. Aquí estou e conta comigo. “Se é túa a miña noite, se choran os meus ollos o teu pranto, se os nosos berros son iguais, coma un irmá che falo.”
Ás veces, moitas, vou notar que si, servo para algo. Moitas outras vin en saber máis tarde que a miña presenza foi de verdadeiro amor. E tamén, por que non dicilo, naquel outro intre non fun a persoa indicada e canto antes deixei camiño libre, sen lañar, sen rancor e con perdón, tanto mellor. Mas isto non é desculpa para que a seguido non teña de novo de pórme á disposición do outro con cordura, bo siso e prudencia, sabendo escoitar, secar bágoas, ofrecer un abrazo para coa presenza axudar na procura da serenidade, da paz, do acougo. Deixar que o outro poida ser el mesmo e verbalizar, incluso berrar a súa rabia ou a súa protesta contra das inxustizas. Non se trata de acender máis lume. Só de acoller, escoitar, atender a esa persoa concreta que no desamparo, clama, chama, pide unha man con calor de irmán. “Se temos semellantes as feridas, coma un irmán che falo.” “Eu para iso non vallo”, dicimos, e ímonos. Iso no código penal chámase negación de auxilio en caso de necesidade. E no código humanitario: Amigo, non me falles, non me deixes só.
Agora no verán, e sempre, nas sás de espera de Urxencias, nos hospitais, nas casas deses velliños que lles quitaron a axuda familiar ou xa nunca llela deron, nos que fican parados e sen paro, nos que nunca foron pobres nin pensaron selo nunca, nos que a vida se lles virou ás avesas ou pecháronselles os camiños e mesmo entoleceron, nos que se lles rompeu a convivencia familiar, e xa non falemos das enfermidades, de accidentes, mortes dos fillos .... , velaí os novos lugares das nosas soidades.
O mal máis diabólico (separador) que nos trouxo este grandísimo roubo programado por este sistema des-almado, sen alma, non é o desfalco dos cartos, sendo un verdadeiro ladroízo total. O peor é que buscan deixarnos sós incluso de nosoutros mesmos. Perdermos a solidariedade. Prohibir a solidariedade e o asociacionismo. E nós perderémonos en maldicións estériles. Deixarémonos dividir. Dicía un meu profesor de filosofía: “Que che atacan os cans? Bótalles un óso, xa sen carne, e verás compracido como pelexan entre eles e te deixan a ti tranquilo”. Estaremos nesta ruta do inferno?
“Non temos nas nosas mans a solución para os problemas do mundo. Pero fronte aos problemas do mundo, temos as nosas mans. Cando veña o Deus da Historia, ha mirarnos para as nosas mans.” Fronte á soidade, saber ser, saber estar, saber acompañar. Vale máis acender unha pequena luz do que desfacerse en maldicir as tebras.

Artigo de Xaquín Campo Freire  publicado no semanario "Sermos Galiza"   -            (Foto propia)

miércoles, 18 de julio de 2012


JAVIER CUERVO El actor que encarna con elegancia al presidente de los Estados Unidos hace ataques preventivos con drones, que son aviones no tripulados, misiles de videojuego dirigidos por un joystick, que por 13 millones de dólares y sin que tengas que salir de casa, matan a un terrorista que camina por un pedrero a miles de kilómetros de distancia. Los drones son el arma del siglo XXI y en Pakistán llevan ya 3.000 muertos, entre ellos mil civiles que estaban en un mal lugar en un mal momento.
Los drones convierten a quien los tiene en lo más parecido a los dioses barbudos de melena con raya al medio, tipo Yaveh, Zeus, Odín... Hasta hace poco eran artilugios espías, un ojo que todo lo veía, dirigido por el nervio óptico en el Pentágono, en el Olimpo, en el Cielo o en el Walhalla.
La sola creencia en el ojo de Yaveh (los otros no me tocaron) era muy preventiva, como quieren ser las acciones de estos drones que asesinan preventivamente, es decir, que matan a gente que ha pecado de pensamiento o de palabra, antes de la acción y lo hacen sin juicio (y en un tercio de los muertos sin querer).
Los drones son la mejor representación del rayo divino. Algo muy rápido, que viene del cielo y que mata por fuego. El rayo, aunque se sea ateo, siempre parece divino y cuando le cae a alguien encima, mucho más. De hecho, el rayo es uno de los principales sospechosos de haber creado a dios cuando no había ni atisbo de explicación física para la chispa eléctrica.
Lo que hace más divino al que decide usar esos ojos vigilantes y esos rayos punitivos que son los drones es que su uso depende solo de la voluntad del que los maneja y, de momento, cuenta también con la impunidad de dios. Dios no recibe castigo porque es el único con derecho para castigar, que para eso es dios. No hay control judicial, no hay riesgo de vidas estadounidenses, no hay libro de reclamaciones.
La Opinión


martes, 17 de julio de 2012

COUSAS DE CARTOS


JUAN JOSÉ MILLÁS 
Auna niña rica le deja el Ratoncito Pérez cinco euros por un diente de leche. La niña rica se lo cuenta a su amiguita pobre, que enseguida calcula el valor de la boca entera: ciento cuarenta euros sin contar las muelas del juicio, en vías de extinción. Los niños pobres se pasan la vida haciendo cálculos aritméticos, aunque no sepan sumar ni dividir. Uno puede ser analfabeto, pero sabe lo que cuestan un riñón o un hígado, por eso están a la venta en internet. Si a un niño pobre le cuentas que por un diente de leche ingresas cinco euros, enseguida te hace la cuenta de lo que podrías obtener por un pie. ¿Cuánta gente se dejaría amputar un pie por, pongamos, dos mil euros? Mucha. Si estuviera permitido el desguace de uno mismo, en dos meses nos quedaríamos en nada. 



-Se ha muerto el tío Aniceto. 


-¿Y lo vais a enterrar o a cremar? 


-Ni una cosa ni otra, porque se fue vendiendo por partes antes de morir y no ha quedado nada de él. ......................................

domingo, 15 de julio de 2012

LA RESISTENCIA


O silencioso Patio deste verán atípico?... lévame á reflexión e como outros o fixeron antes ca min, cando atopo un texto co que empatizo tanto e eu non sería capaz de escribir tan ben, selecciono, copio e pego:
Velaí

Hai días nos que me ergo coa esperanza demencial, nos que sinto que as posibilidades dunha vida máis humana está ao alcance das nosas mans. Este é un deses días.
E, entón, púxenme a escribir case ás tentas na madrugada, con présas, coma quen sae á rúa pedir axuda ante a ameaza dun incendio, ou coma un barco que, a piques de se afundir, fixera un derradeiro aceno ao peirao que sabe que está cerca pero enxordecido polo bruído da cidade e a cantidade de letreiros que enturban a mirada.
Pídolles que nos deteñamos a reflexionar sobre a grandeza á que aínda podemos aspirar se ousamos valorar a vida doutro xeito.
Pídolles a carraxe que nos sitúa na verdadeira dimensión do home..........
Os valores do espírito  pódennos salvar deste terremoto que ameaza a condición humana.
Ernesto Sábato – La Resistencia

sábado, 14 de julio de 2012

AS AMIGAS

APROVEITANDO O SEU ANIVERSARIO, NADA MELLOR QUE UN CADRO DE GUSTAV KLIMT PARA POR COLOR AO DÍA.

viernes, 13 de julio de 2012

REENCONTRO










Ai a Coruña, aínda que sexa con nubes, que bonita é.  A cada volta sedúceme o mesmo que a primeira vez.

jueves, 12 de julio de 2012

lunes, 9 de julio de 2012

EN SERIO

Moi en serio:
Non sei serán estas nubes grises as que me traen estes pensamentos tan grises e estas preguntas tan raras.....
Onte a noticia do día era que o presidente do goberno reentregou o desaparerido e codiciado Código Calixtino.
A nova de hoxe é que atoparon agochados nalgún outro buraco 600.000, seiscentosmil.... O pobo non sae do seu abraio: cacho ladrón ¡¡¡¡¡
Pois mira se eu son revirada que a min dáme por pensar:
Cacho empresa ( chámese institución cristiana), que por un pequeno afluente despistado, gotea día a día tal millonada...
Cal sería, pois o caudal da corriente principal para non notar a filtración? Ou serán parvos? Ou serán cómplices?
SI, rotundamente porque unha comunidade cristiana non pode nadar en augas tan abondosas mentres centos, milleiros de irmáns, morren de inanición a cotío.
gema, 09-07-12

ESCENAS COTIÁS

ESTAMPA:
Un paisasano cun vulto ao lombo ( que vén sendo Santiago Apóstolo)
Muller: - Non me traigas máis merda para a casa¡¡¡¡¡

Cadeas de loucura


"...entre labirintos de cadeas arroibadas"
                
Busco camiños novos
entre labirintos
de cadeas arroibadas
para que os meus pés
non se espiñen
sobre  a raíz do delirio.
Busco oasis de cordura
para deitar os soños
lonxe dos mapas da rutina.
Procuro buratos de luz
para fuxir  das fantasmas,
pero as mans quedan inmóbiles
entre  arames de loucura
tecidos con elos,  agochados
nunha insua de cores ocres.
Racho cos dentes
códigos de incerteza
e bato coa irregularidade
de xeometrías que sangran
clips de incesantes medos,
tortura da miña pel descalza.


 (Foto Propia)

sábado, 7 de julio de 2012

O OLLO QUE TODO O VE


Desde a miña crédula e tenra infancia sufrín un medo infernal a ir ao inferno, valla a redundancia.
Na Enciclopedia de Álvarez viña retratado coma o mapa de España,o ollo triangular de Deus que todo o vía, estiveras onde estiveras, mesmo o que pensabas, e se pensabas mal (eu non sabía o que era pensar mal, cousa que empeoraba moito a situación), tamén podías ir ao inferno. Pecábase por acción, obra ou omisión. Ou sexa, que pecabas seguido e Deus a vixiarte arreo…
Custoume noites de desacougo ter pecado tan gustosamente, encima, con algún ósculo incendiario que se tiña que interrumpir abruptamente tan pronto recobrabas a conciencia, porque aquilo,aquilo, era pecado mortal e se non tiñas a dicha de superar a noite para irte confesar á mañá seguinte, podías arder eternamente naquelas lapas xofradas do inferno.
TERRIBLE, verdadeiramente, terrible….
E agora ven ser que dunha das máis importantes catedrais do mundo enteiro, rouban unha xoia da arte mundial, máis bandexas, un millón de euros, e picos …… e palas…… e o ollo que todo o ve, non mirou nada; o fillo, despistado a saber en que; e a pomba, ou sexa, o espírito; porque son tresenuno, non ven nada.
Home, merdadefé, a isto chámaselle FRAUDE, mala leche ou o que sexa … Porque a estas alturas, véñome enterar , merdadefé, de que o ollo que todo o ve, non mira nada pois senón sabería de sobras o da catedral, non si?
 A boas horas mangas verdes. A ver quen me resarce a min de todo o que deixei de facer pensando que me miraba aquel ollo...
gema,07-07-12

jueves, 5 de julio de 2012

PARTICULA DE DIOS

Xa as profecías mayas viñan dicindo que en xullo do 2012 habería algún cambio importante e velaí:
a partícula de Dios.
O deus dos tempos modernos, de laboratorio, como corresponde.
A incredulidade espertoume a curiosidade polas crenzas. Paradoxos da vida ¡¡¡
Todos os homes de todos os tempos buscaron algo superior , que non entendían nin dominaban, para adoralo: o vento, o lume, o sol .... Cando se chegaba a explicar o fenómeno cumpría buscar algo novo, superior, incomprensible, no que crer e adorar, algo, en definitiva, que te dominara para non facerte responsable de ti mesmo, para botarlle as culpas e someterte á súa vontade indiscutible .....
(Aventurados os que teñen fe porque máis ca rebaño, son nenos en gardería)
Logo do da Evolución de Darwin, quedamos en paños menores.
Pero para salvación de todos, como por arte de maxia, aló nas modernas catacumbas de Suiza e Francia, salta a chispa dun novo deus: A ENERXÍA. Incomprendida, insondable, inmedible.......
gema,05-07-12

E AGORA QUE?

lunes, 2 de julio de 2012

Deseé alguna vez que un poeta me amase...

Deseé alguna vez que un poeta me amase

Ahora duelen sus poemas en mi cuerpo‚
algo de mí que en él se reconoce hasta quebrar la imagen
de todo lo que fui.
Ahora deseo que me amase tanto que dejara de amarme
y sus palabras fuesen nieve
que el sol de junio fundiese entre mis pechos‚
allí donde su aliento insiste en acallar
esta tristeza antigua que siempre me acompaña.

De "Semillas para un cuerpo" 1988

domingo, 1 de julio de 2012

COUSAS PEQUENIÑAS

Son cosas chiquitas. No acaban con la pobreza, no nos sacan del subdesarrollo, no socializan los medios de producción y de cambio, no expropian las cuevas de Alí Babá. Pero quizá desencadenen la alegría de hacer, y la traduzcan en actos. Y al fin y al cabo, actuar sobre la realidad y cambiarla, aunque sea un poquito, es la única manera de probar que la realidad es transformable.
Eduardo Galeano.

Cousas diminutas coma as margaridas dos campos.....