PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
lunes, 3 de febrero de 2014
domingo, 2 de febrero de 2014
Esta semana moitos sons cruzáronse ante min. O luns pasado escoitei en Castellón a un mozo duns 7 anos que ía cantando pola rúa xunto ao seu irmán maior. Seguinos un intre e non paraba de cantar. A xente mirábao, observábao e acababa sorrindo. Víase tan feliz. Non lle vin en ningún momento falar, as palabras sobrábanlle
O irmán maior só lle dirixiu tres veces a palabra e sempre con frases entonadas, case cantadas. Rozando o musical. O pequeno asentía e seguía cantando .Perdéronse por unha rúa aínda que a voz do rapaz aínda resoaba?. E o venres en Barcelona, cerca do mar tropeceime cun adolescente que estaba mirando fixamente as ondas. Totalmente quedo, absorto. Quedeime preto observando e finalmente miroume e díxome: Enténdelo? Non para de repetilo, deberiámoslle contestar? E deime conta que falaba do son das ondas. Escoitábaas coma se fose un monólogo que debésemos contestar. E seguín atendendo e comprendendo que quizá si que o mar nos falába e quizabes non sabemos escoitalo. Albert E.
Escollín este artículo pola miña muller sen O, porque esta semana o mar máis que falar, bérranos. Gústanos escoitalo pero non sabemos responderlle.
|
sábado, 1 de febrero de 2014
HAI DÍAS BRAVOS COMA CABALOS GALOPANDO
Brúa bronco hoxe o mar
dende a profunda gorxa dun dragón asañado,
de ventre renegrido e lombo ondeante.
Estende longas linguas brancas
de feiticeiras escumas gorentosas
de incautos humanos que engaiola
finxindo cantares de sereas.
As sereas sempre foron perigosas...
gema, 01-02-14
A pena non leva O
Nese berce durme unha pena. A nai esvaeceuse nun amencer de auga vestída coa saia da culpa e as sandalias da perda.
Pasan días e días, a pena faise grande. Quere saber da vida. Abate aquel berce que a atafegaba e sae espida e descalza. Chama a quen saiba amala. Ainda agarda achar a ledicia e aprender a rir. En algures debe andar a súa felicidade.
Bate nas casas e nas ventás das almas case sen alentar; máis ninguén lle abre a unha pena. Cada quen ten as súas.
A xente afástase calada...
Sempre ten que haber unha pena que berre na rúa.
Ana López.
Pasan días e días, a pena faise grande. Quere saber da vida. Abate aquel berce que a atafegaba e sae espida e descalza. Chama a quen saiba amala. Ainda agarda achar a ledicia e aprender a rir. En algures debe andar a súa felicidade.
Bate nas casas e nas ventás das almas case sen alentar; máis ninguén lle abre a unha pena. Cada quen ten as súas.
A xente afástase calada...
Sempre ten que haber unha pena que berre na rúa.
Ana López.
viernes, 31 de enero de 2014
Grazas Gema por lembrar este día. Para que houbese paz verdadeira tería que ser unha realidade a xustiza social. Recentemente un organismo internaciónal fixo públicos uns datos escalofriantes da fame da nenez. Lembremos hoxe eses nenos, invisibles para algúns, aos que se lles nega o primeiro e fundamental dereito. O poeta refírese a fame con palabras moi duras e coido que se queda corto...
El hambre
Madre antigua y atroz de la incestuosa guerra
borrado sea tu nombre de la faz de la tierra.
Tú que arrojaste al círculo del horizonte abierto
la alta proa del viking, las lanzas del desierto.
En la Torre del Hambre de Ugolino de Pisa
tienes tu momummento y en la estrofa concisa
que no deja entrever ( sólo entrever) los días
últimos y en la sombra de las agonías.
Tú que de sus pinares hace que surja el lobo
y que guiaste la mano de Jean Valjan al robo.
Una de tus imágenes en aquel silencioso
dios que devora el orbe sin ira y sin reposo
el tiempo.Hay otra diosa de tinieblasy de osambre
su lecho es la vigilia y su pan es el hambre.
Tú que a Chattertón diste muerte en la buhardilla
entre los falsos códices y la luna amarilla.
Tú que entre el nacimiento del hombre y su agonía
pides en la oración de cada día.
Tú cuya espada roe generaciónes
y sobre los testuces lanzas los leones.
Madre antigua y atroz de la incestuosa perra,
borrado sea tu nombre de la faz de la tierra.
Jorge Luis Borges.
Madre antigua y atroz de la incestuosa guerra
borrado sea tu nombre de la faz de la tierra.
Tú que arrojaste al círculo del horizonte abierto
la alta proa del viking, las lanzas del desierto.
En la Torre del Hambre de Ugolino de Pisa
tienes tu momummento y en la estrofa concisa
que no deja entrever ( sólo entrever) los días
últimos y en la sombra de las agonías.
Tú que de sus pinares hace que surja el lobo
y que guiaste la mano de Jean Valjan al robo.
Una de tus imágenes en aquel silencioso
dios que devora el orbe sin ira y sin reposo
el tiempo.Hay otra diosa de tinieblasy de osambre
su lecho es la vigilia y su pan es el hambre.
Tú que a Chattertón diste muerte en la buhardilla
entre los falsos códices y la luna amarilla.
Tú que entre el nacimiento del hombre y su agonía
pides en la oración de cada día.
Tú cuya espada roe generaciónes
y sobre los testuces lanzas los leones.
Madre antigua y atroz de la incestuosa perra,
borrado sea tu nombre de la faz de la tierra.
Jorge Luis Borges.
jueves, 30 de enero de 2014
DIA DA PAZ
Para que o noso patio non quede de menos, imos lembrar a PAZ
aínda que teño para min que só se queda nun desexo.
Autoproclamámonos homus sapiens cando aínda non somos máis qe
guerreiros depredadore. Ou non?
aínda que teño para min que só se queda nun desexo.
Autoproclamámonos homus sapiens cando aínda non somos máis qe
guerreiros depredadore. Ou non?
ANIMACIÓN Á ESCRITURA
Cada mañá, Elsa, tras beber un
irrenunciable café exprés, duchábase, peiteábase, maqeábase,
perfumábase ... ata quedar niqelada.
Saía, sempre miraba dúas vece se pechara ben. Tiña esa teima. Tamén debía saír sempre a perna dereita diante, sempre....
Xeara, nevara, diluviara, ventara, seguía a mesma ruta ata alí, sen pisar ningunha raia amarela ...
Chegaba e sentaba. Permanecía queda, tal cal estatua da Sara bíblica, parecía serena. Miraba as penas aquelas de enfrente , batían as vaga bravías, escumantes. Nas crestas ascendía ela a lugares mentales indefenibles.......
Vía a Angel, alí deixara de existir tan inesperadamente.
Sería ela a causante?
Desmenuzaba as derradeiras palabras e repetíaas nun ritintí inacabable... Acudíalle á mente
a imaxe da súa cara e aquela mirada entre arrepentida e ferinte.
Repasaba entre desquiciada e irada, cada palabra, cada caricia, a pegada pracenteira que aínda gardarían as sabas....
Tamén lembraba cada vez que a humillara, mental e físicamente.
Ela fallara, si,
aceptaba que fallara. A fidelidade fixéralle dar excusas daqel
desliz, arrepentida, perturbada:
Sucedera na
Alameda. Inesperadamente batiran frente a frente. Era a mirada de
Rafa e a súa risa.Sentiu a cabeza aturdida, perturbada e sen máis, sen saber de que maneira, sucedeu. Sucedeu
da mesma maneira que na infancia.
Cada día viña alí teimudamente desculparse e tamén inculpar a aquel Angel que gardaba a sal mariña. Bagullas vertidas.
Miraba as nubes, pechaba as mans apretadas, aceiradas, ameazantes e cuspías blasfemias que
que servían de manciña para a súa ferida.
Regresaba á casa aquietada.
Gema, 30-01-14
CONCÉ
Velaí, este ensaio feito hai moito tempo, servime de idea, como exemplo para
ANIMACIÓN Á ESCRITURA

ANIMACIÓN Á ESCRITURA
CON CE
Cómeme
coma cereixa colorada,
coma
corazón coroado con camelias,
con
cariño coutado, compañeiro,
calada
complicidade cálida,
calmada
contención correspondida.
Caléndulas
campestres color claro
cinguen
cabeza, cabeleira ceiba, caluga,
cara,
corpo, coxas.
Contáxiame
concupiscencia compulsiva,
conceptos
corruptos castigados,
climax
clamoroso.
Contáxiame
con cunilingüis curvos,
cadenciosas
cadeiras compasadas,
clamores
celestiales
gema, 02 – 03 - 10

miércoles, 29 de enero de 2014
martes, 28 de enero de 2014
ANIMACIÓN Á ESCRITRA
domingo, 26 de enero de 2014
POESÍA LIDA NO MACONDO
SueñosDime ¿qué sueños maravillosos
retienen prisionera a mi alma,
sin desaparecer, como pompas de jabón,
en una nada desolada?
Sueños que a cada hora
de cada día florecen más hermosos.
Y que, con sus prefiguraciones del Cielo,
pasan felizmente a través de mi espíritu.
Sueños que, como rayos de gloria,
penetran en el alma
para pintar en ella una imagen eterna:
¡el olvido de todo! ¡el recuerdo único!
Sueños parecidos al sol de la primavera
cuyos besos hacen brotar las flores entre la nieve
y que, con una inimaginable felicidad,
acogen al nuevo día.
Y creciendo, y floreciendo,
y soñando, exhalan su perfume,
y se marchitan, dulcemente, sobre tu pecho
para descender después al sepulcro.
Mathilde Wesendonck
sábado, 25 de enero de 2014
CRISÁLIDA
Antes de que do fluído do amor
emerxeran ás para voar
había un suburbio de escamas
no tempo de seda
da crisálida.
Ana López.
emerxeran ás para voar
había un suburbio de escamas
no tempo de seda
da crisálida.
Ana López.
viernes, 24 de enero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
google
