Aí vos van...
CANTIGAS DOS MAIOS
I
Por aí vén o maio
con traxe de gala
vai bailar co sol
á porta da casa.
II
Deixarei abertas
portas e ventás
para que na casa
poida maio entrar.
III
Vai nacer o maio
nos raios do sol
trae bicos e abrazos
no seu corazón.
IV
Vou erguer o maio
ás portas do ceo
para que Deus garde
aos que ben queremos.
Ana López.
PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
Páginas
▼
VEÑA, ANA, ÚNOME A TI: QUE AS FLORES, OS CORAZÓNS COMA SOLES, OS AXÓUXERES COMA CORAZÓNS, OS RISOS COMA ROSCOS E AS MANS ENLAZADAS ESTEAN DISPOSTAS PARA ESA CELEBRACIÓN ¡¡¡¡¡¡
ResponderEliminar...e a cantar ben alto !
ResponderEliminarConxuremos a tristura aínda que turre por nos amolar.