Se ha producido un error en este gadget.

jueves, 11 de febrero de 2016

Monicreques

Eran monicreques
a súa historia un desatino
como todas as farsas.

Eran tempos de Antroido

andaba Don Carnal polos recunchos
cando chegou a Coresma anticipada
arrastrando as cadeas

e os fíos do esperpento
enredaron a trama.


    Ana López

3 comentarios:

  1. Pensei que meterías aquí HIFA...

    ResponderEliminar
  2. Non, pero de seguro que andaba moi preto enredando porque senon non se explican algunhas decisións. Pensaba nos monicroqueiros de Madrid...

    Pero a hifa efectivamente téñoa en Corentena!

    ResponderEliminar
  3. A Coresma sempre coas súas andrómenas ata, enguedella e reprime...

    ResponderEliminar