Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 13 de febrero de 2016

Voo baixo


                                                    A tabuela




Os paxaros apertan a gorxa cando se namoran, agás a tabuela que é un avefría que non sabe amar.

Coincide todos as mañás coa lavandeira no río e dalle envexa ver como lle fai as beiras un paporroibo trinador.

Outras veces, enriba dun piñeiro, contempla anoxada o romance dunha estreliña riscada e un bico de coral.

O gabeador dos penedos faloulle da escola que abrira dona calandriña do mar para ensinar a querer que lle axudara moito ao ferreiriño negro.

A tabuela foi á escola e xa non anda soa. Descubriu o amor baixo as agarimosas  ás dun melro.





PETICIÓN:
Poderías poñer aqui uns paxariños que eu non sei como facelo. Grazas.



























1 comentario:

  1. Síntome leda coma unha tabuela buscando un merlo o 14 de Febreiro, de que desta vez armaras esta bonita historia-
    Intentei por o paxarico pero non dei feito.
    Voume a cama e intentarei buscar a miña *mini*.

    ResponderEliminar