Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 21 de febrero de 2016

Este fermoso poema de Celso Emilio Ferreiro ten hoxe por desgraza unha ferinte actualidade; cada día se erguen máis muros e aramados nas fronteiras.

                                                 Irmaus


Camiñan ao rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti que te encontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
como un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
como un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas.
e ti negro i eu branco
en tendo semellantes as feridas
como un irmáu che falo.
Por enriba de todas as fronteiras,
por enriba de montes e valados
si os nosos soños son igoales
coma a un irmáu che falo.
Común temos a Terra
común a loita ambos.
A miña mau che dou,
como un irmáu che falo.



       Celso Emilio Ferreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario