Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 19 de febrero de 2016

Cantiga de cego

                            O Fustán


Quero contarvos a historia

dunha piadosa beata
que por mor dunha pelica
foi trocando nunha cabra.

Pasaba as horas pregando
axeonllada na terra
e apalpou a hipocresía
coma unha toupa cega

Cunha pelica de cabra
fíxose un fustán un día
e o que era só abrigo
convertiuse en rebeldía.

Dende que puxo o fustán
aquela humilde beata
deulle por abrir os ollos
e non puido estar calada.

O feitizo da pelica
deulle maneiras de cabra
ergue o refaixo na igresia
e predica cousas malas.

Retruca aos homes altivos 
que ao mundo desgobernan
estrando polos fogares
a desgraza e a miseria.






Ana López


No hay comentarios:

Publicar un comentario