Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 5 de febrero de 2016

Acoso: Un delito consentido

Quizais todos sexamos culpables de infravalorar o crime do acoso en todas as súas modalidades. Cando a victima é un neno é moito máis doloroso comprobar as consecuencias que conleva a total  indefensión dun acosado ante a indeferencia da sociedade, que en moitas ocasións se nega a ver o que está sucedendo ante os seus ollos.

Coido que en primeiro lugar deberiamos saber como define o dicciónario o acoso:
Persecución e hostigamento de un ou varios que produce medo, desprezo ou desánimo.

Pero para que o acoso teña éxito precisa de varios actores:

Victima: A que sufre a agresión
Agresor/es: Quen exerce a violencia ou o abuso do poder sobre a victima.
Espectador: O que tendo coñecemento da situación ben " non quere saber nada" ou non é quen de denuncialo.

Eu engadiría tamén o medo como un factor imprescidible na traxedia , non só da victima, senon dos espectadores que nalgúns casos temen poñer en perigro a súa confortablidade, ou hai algún espúreo interese en xogo.

Non teñas medo; o medo é unha traxedía antipada elaborada máis alá dos nosos límites!



  Ana López.

No hay comentarios:

Publicar un comentario