Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 27 de diciembre de 2015

Panxoliña do refuxiado


Este neno pequeniño
está tremando de frío
porque percorreu de noite
todo o camiño do exilio.

A nai amorosa envólveo
co seu manto de agarimos
e arrolao contra o seu peito
para que durma quentiño.

Durme meu neno no colo
durme meu neno querido
que en pasada esta fronteira
non voltarás a ter frío.



   Ana López


No hay comentarios:

Publicar un comentario