Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 19 de septiembre de 2015

O Patio é un corredor de fondo que esquivou moitos albeares de néboa e orvallo e vai saír adiante!

 Para a fundadora do Patio.

ORVALLO

Non é claro este albear

andan as nubes dando tombos
dunha beira á outra do río
humedecendo o camiño.

O vento ábre carreiros na verde penumbra

Detrás das cumes un tímido sol
non se desprende da néboa
e as árbores reflicten a preguiceira luz
dun outono que regresa paseniño
atravesando a ponte no bico dos pés.

Nos cómaros


as follas van caendo
sobre o orvallo do tempo!
.


   Ana López


O MUNDO NECESITA UN ABRAZO!

3 comentarios:

  1. Grazas pola miña parte de abrazo, por lembrarte de min e polo título que me otorgas.

    Gustariame tanto poder volverme asomar a esta ventá que todas as mañás me daba o saudo da brisa¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  2. Esta ventá volverá a acoller o saúdo da brisa mentres a esperanza non abandone o "castelo de proa"

    ResponderEliminar
  3. E resistiremos o "orvallo do tempo" e os ventos das invernias, e os golpes dos dias tristes e volvermos pintar de cores o aire... E a xogar coa brisa que brinca polas ventás do noso Patio.

    ResponderEliminar