Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Naceu Javier

Naceu Xavier, non era un soño!

non teño palabras para cantar
a tenrura e o abraio de mecelo no colo

Tímida a man aprende a agarimalo.

Os sentidos atentos recollen os acenos,
o delicado tacto da pel,
o  recendo da vida no comezo,
a clara mirada da inocencia,
os anacos de sono e de mantenza.
algún pequeno enredo...

o balbuceo espido das palabras
ao ritmo acompasado dos latidos
mentres os beizos debuxan un sorriso.


    Ana López.

1 comentario:

  1. Fermoso e tenro poema para ese neno recen chegado, Javier, para esa vida que comeza, tenrura na pel e inocencia no sorriso. Que sexa benvido e que vos dea moita felicidade.

    ResponderEliminar