Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 17 de septiembre de 2014

O xornal

Como todas as mañás boteime a andar paseniño cara o café. Pode parecer que levo unha vida regalada e que este costume é sempre unha actividade doada e pracenteira, pero en realidade require constancia e algunha maña.
  Hai que ir disposto a pelexar polo xornal con moitos competidores. Entras co obxetivo moi claro e miras fixamente o lugar onde se supón que debe estar...Mala sorte alguén se che adiantou.
  Decepciónado elixes unha mesa, retardas o momento de pedir o café ¿que sentido ten sen a lectura?
   A continuación ven o momento máis tenso; o olleo da presa. Cando o localices pasas a fase da vixiancia do lector. Non debes perder ningún dos seus movimentos, pasa con el as páxinas e non te impacentes se as repasa ,! hai xente así!
    En canto remate de lelo, non perdas tempo, tes que saírlle ó encontro antes de que algún avispado llo quite das máns. Pídello con amabilidade, que non te perda a ansia.
    Despois xa sosegado, volve á mesa co teu tesouro e disfruta da lectura e do café.
    É aconsellable non fixarse nas miradas do arredor, poden poñerte nervioso, quizais alguén te anda a vixiar...


      Ana López.
´ 


2 comentarios:

  1. Moi real e simpático

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente, fiel reflexo da realidade en clave de humor.
    Grazas por ese sorriso no medio dunha maña che de nubes...

    ResponderEliminar