Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 10 de septiembre de 2014

A fervenza medra...

Ir cada día á procura
dun val nunha montaña,
dunha recta na curva,
dun carreiro na estrada,
dun encontro nun adeus,
dun regreso na fuxida,
dun risco no desalento,
dun desatino no acerto,
dun porto onde arribar,
dunha ponte que cruzar,
Dun "tal vez " no desespero,
dunha man no baleiro,
dunha volta atrás no olvido,
dunha chama no centro do frío,
Dun abrazo, unha palabra
que o diga todo e non diga nada....


         Gema Bermudez  Concha Parga  Ana López



"SEXAMOS REALISTAS, PIDAMOS O IMPOSIBLE !!!"

Este berro ten xa trinta e cinco anos pero por desgraza aínda hoxe está vixente..

QUEN SE ANIMA A POÑER UN VERSO MÁIS?

2 comentarios:

  1. Dun " tal vez" no desespero ..................

    ResponderEliminar
  2. Dunha man no baleiro, dunha volta atras no olvido, dunha chama no centro do frio....

    ResponderEliminar