Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 5 de septiembre de 2014

Da man

Meu amor!

dame o mar, o sol, un horizonte
e a man para o camiño.

Dame unha praia aberta baixo o tempo
o instante sagrado da luz filtrándose nas árbores,

o marmurio do aire perdéndose nos pasos
o azul das glicinias envolvendo o mencer
a melodía de cristal da chuvia na ventá,

o debuxo na pel da esperada caricia
á beira da paixón do sol do mediodía.

Deposita nos beizos un bocado de vida.


       Ana López.

2 comentarios:

  1. Precioso poema Ana
    "Deposita nos beizos un bocado de vida" marabillosa definicion do amor

    ResponderEliminar
  2. Fermosos eses BOCADOS DE VIDA

    ResponderEliminar