Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 3 de septiembre de 2014

Alalá do neno pobre.


Alalá do meu neno,
meu neno pobre !
Teu pai non ten traballo
tua nai tampouco.

ailalalelo, ailalalá....


Alalá do meu neno,
meu neno pobre !
O meu peito fecundo 
darache o almorzo.

ailalalelo , ailalalá...


Alalá do meu neno,
meu neno pobre !
Tralo medo se albisca
un futuro novo.

ailalalelo, ailalalá...



        Ana López.

1 comentario: