Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 25 de agosto de 2014

Esquecemento

Chegou a noite arrastrada por ventos insaciables
a ledicia esmorecía no abismo da tristeza,

ían marchando un a un os visitantes
levando a escasa luz que penduraba da tarde.

Quedaron no salón as cadeiras vacías,

as mans acariciaban as ausencias
recollía soedades unha lúa furtiva.

Contra o tempo
chegaban os pasos mainos do esquecemento.


     Ana López.

1 comentario:

  1. Miña querida Ana que ben coñezo esa sensacion de baldeiro despois de que a casa estivo chea de risos, conversas, presencias amadas... Pero o tempo leva a cada quen ao seu propio lugar e o silencio ocupa as estancias e un outono prematuro de ausencias fai niño no corazon.

    ResponderEliminar