Se ha producido un error en este gadget.

sábado, 16 de agosto de 2014

ADICADO AO HOME DO CHOCOLATE

"Eu sei que o home pode ser outra cosa"

               Uxío Novoneyra.



Ás veces, sen decatarte, estás detida nunha chaira onde só se escoita o asubío inmóbil do silencio. Habitas a apariencia dunha vida cos sentimentos esmoucados. Percorres o mesmo traxecto cada día, rumiando unha nova decepción sen ver nin ouvir nada do que pasa ao teu arredor guiada polas sombras do desencanto; como se todo ocurrise detrás dun cristal opaco.
Un día unha voz escacha ese cristal cando facias cola na caixa dun supermercado.
Esperabas indiferente e impaciente para ir a ningures cando a voz destemperada da caixeira dixo:
-Fáltanvos un euro!
Diante de ti duas nenas dunhos dez anos ían sacando avergoñadas e chorosas da compra pasta, salsa de tomate , auga  (a dieta da pobreza)
De súpeto soou a voz dun home brandindo nunha man unha tableta de chocolate e na outra dous euros.
-Non lles quites nada, o euro poñoo eu!
Despois virou a mirada aos que agardábamos.
-Ninguén da cola ten fillos? Eu si.
Todos baixamos a cabeza e dalgún lugar esquecido da memoria chegou un golpe de luz que iluminou unha emoción e esgazou as tebras que nos envolvían.


         Ana López.

1 comentario:

  1. Sinxelamente fermoso e ademáis, supoño que puidera ser real.

    ResponderEliminar