Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 29 de agosto de 2014

A unha dama

Para el nacimiento de un niño
el mundo nunca está preparado.

        Wislava Szymborska


Non sei se algunha vez a luz serpeou
polos corredores sombríos da ambición.

Non sei o tempo que leva pechada a inocencia no soto da casa,
cando nos deixou de espantar a negrura do voo entolecido dos voitres,
porque tragamos o lixo que nos arroxa a indignidade.

Non sei que se esconde baixo a máscara branca
agazapada no Fondo da Miseria Inmutable
onde viven conspirando os deuses da soberbia

pero a min dame medo escoitala.


          Ana López.

2 comentarios:

  1. Semella que andamos por camiños de desesperanzas e negruras, o peor e que a culpa, seguramente tena a realidade que nos rodea e isto e o verdadeiramente desacougante. O teu poema reflite esta realidade.

    ResponderEliminar
  2. !Pois hoxe vamos a sentarnos ao sol e esquecer á dama do poema !

    FELIZ TARDE:



    ResponderEliminar