GATO NEGRO
Blas baixaba o último chanzo do portal cando cruzou un gato negro. Sorte – dixo el – estou de sorte. Agora mesmo compro un décimo de lotería, dáme o corpo que me vai tocar.
O coche que o atropelou co décimo na man, tamén era negro.
gema,07-08-08
Manda esa mini agora mesmo ao concurso ese que nos mandou Antía. Veña, xa!!!!!!!
ResponderEliminarO mini !precioso! pero cos gatiños negros !coidadito! Nós vivimos con un ,Mori, nove anos e fomos moi afortunados.Asi que...
ResponderEliminar